Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 5 de febreiro de 2018 Páx. 8117

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 2018 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta axencia no terceiro cuadrimestre do ano 2017.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único. Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) no terceiro cuadrimestre do ano 2017, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2018

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Galega de Infraestruturas
no terceiro cuadrimestre do ano 2017

Convenio

Importe achegado
pola AXI (€)

Data da sinatura

Convenio de colaboración entre a Dirección Xeral de Tráfico, a Axencia Galega de Infraestruturas e a Sociedade Concesionaria Autoestrada Ourense-Celanova, Sociedade Concesionaria da Xunta de Galicia, S.A.

0,00

30.11.2017