Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 2 de febreiro de 2018 Páx. 7877

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 2018 pola que se anuncia procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria, para a contratación dunha póliza de seguro de responsabilidade civil (expediente P4/18).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

2º. Domicilio: Edificio de Xerencia-Servizos Centrais Campus As Lagoas-Marcosende

3º. Localidade e código postal: Vigo, 36310.

4º. Teléfono: 986 81 35 51.

5º. Telefax: 986 81 38 57.

6º. Correo electrónico: alabel@uvigo.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://tablon2.uvigo.es/listado_expedientes.asp

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata a data de finalización do prazo de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: P4/18.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: privado.

b) Descrición: póliza de seguro de responsabilidad civil para a Universidade de Vigo.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non procede.

d) Lugar de execución/entrega:

1º. Enderezo: Reitoría-Xerencia.

2º. Localidade e código postal: Vigo, 36310.

e) Prazo de entrega: non procede.

f) Admisión de prórroga: non procede.

g) CPV: 66516000-0 (servizos de seguros de responsabilidade civil).

CPA: 65.12.5 (servizo de seguro de responsabilidade civil).

Código NUTS: ES114: Pontevedra, ES113: Ourense.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedimento: aberto.

c) Criterios de adxudicación:

1º. Oferta económica (oferta prezo beneficiario/mes): 40 puntos.

2º. Ampliación de cobertura ofertada en límite xeral de indemnización: 20 puntos.

3º. Redución do importe da franquía: 9 puntos.

4º. Outras melloras da oferta relativas ás novas coberturas: 8 puntos.

5º. Presentación á licitación cun corredor/mediador: 6 puntos.

4. Valor estimado do contrato: 112.000 €.

5. Orzamento base de licitación: 56.000 € (todos os impostos e recargas incluídos).

6. Garantías exixidas. Provisional: non se exixe. Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, impostos e recargas incluídos.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: os que se indican na folla resumo do prego base.

b) Outros requisitos específicos: os indicados no número 13 da FRC.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

b) Modalidade de presentación: papel 3 sobres A, B e C.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.

2º. Domicilio: Edificio de Xerencia Servizos Centrais, planta baixa. As Lagoas-Marcosende.

3º. Localidade e código postal: Vigo, 36310.

4º. Enderezo electrónico: alabel@uvigo.es

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: sesión pública para sobres B e C na sala de xuntas do Edificio de Xerencia e Servizos Centrais da Universidade de Vigo.

b) Enderezo: As Lagoas-Marcosende, 2º andar.

c) Localidade e código postal: Vigo, 36310.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratista da Universidade de Vigo.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario, aproximadamente 1.200 euros.

Vigo, 22 de xaneiro de 2018

O reitor da Universidade de Vigo
P.D. (Resolución do 29.6.2017; DOG do 10 de xullo)
Manuel Fernández Jáuregui
Xerente da Universidade de Vigo