Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 2 de febreiro de 2018 Páx. 7881

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto de Estudos do Territorio

RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 2018 pola que se anuncia a licitación polo procedemento aberto, documentalmente simplificado con varios criterios de adxudicación e trámite ordinario da licitación, para a contratación do servizo, suxeito a regulación harmonizada, para o desenvolvemento dunha campaña de difusión e divulgación social en materia de paisaxe en Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto de Estudos do Territorio.

b) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Departamento de Xestión Xurídico-Administrativa.

2º. Domicilio: San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

4º. Teléfono: 981 54 17 67.

5º. Fax: 981 54 17 57.

6º. Correo electrónico: departamento.xuridico.iet@xunta.gal.

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=254990

8º. Data límite de obtención de documentación e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

c) Número de expediente: 20170700112.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo para o desenvolvemento dunha campaña de difusión e divulgación social en materia de paisaxe en Galicia.

c) Prazo de execución: oito meses.

d) Admisión de prórroga: si, posibilidade de prórroga ou prórrogas do contrato ata un máximo de oito (8) meses.

e) CPV (referencia de nomenclatura): 79341400.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria da licitación.

b) Procedemento: aberto con varios criterios de valoración e suxeito a regulación harmonizada.

c) Criterios de adxudicación: a pluralidade dos criterios de valoración enuméranse e detállanse coas súas puntuacións e ponderacións no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 661.157,02 €. Inclúe os orzamentos de licitación e das eventuais prórrogas contractuais previstas.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 330.578,51 €. Importe total: 400.000,00 €.

6. Garantías exixidas.

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 16.528,93 €.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación (grupo, subgrupo e categoría): grupo T, subgrupo 1, categoría 3 ou grupo T, subgrupo 1, categoría C.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: condicións mínimas de solvencia: a solvencia económica e financeira acreditarase coa cifra anual de negocios e a técnica e profesional coa relación dos servizos realizados cun importe mínimo, para cada unha delas, de 66.115,70 euros nos termos expresados no cadro de características do contrato e na cláusula 6.1.4 do prego administrativo.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 5 de marzo de 2018.

b) Modalidade de presentación: a establecida no prego de cláusulas administrativas particulares. As proposicións axustaranse estritamente aos modelos que se inclúen no citado prego. O procedemento é documentalmente simplificado en relación coa documentación que se presentará no sobre A.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, nos días e horas hábiles de oficina (de luns a venres e das 9.00 ás 14.00 horas).

2º. Domicilio: San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura en acto público do sobre C.

9. Apertura de ofertas.

a) Descrición: apertura pública. A apertura, comprobación e valoración separada do sobre A relativo á documentación acreditativa dos requisitos de aptitude para contratar, do sobre B cos elementos da oferta non valorables de forma automática e do sobre C cos da oferta que admiten unha valoración mediante a aplicación de fórmulas, realizarase conforme o disposto no prego administrativo e na normativa de contratos do sector público.

b) Enderezo: San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

d) Data e hora: publicaranse no perfil do contratante a data e a hora da apertura dos sobres B e C con dous días hábiles de antelación á súa realización.

10. Gastos de publicidade: o importe dos gastos de publicidade será por conta do adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 24 de xaneiro de 2018.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2018

Inés Santé Riveira
Directora do Instituto de Estudos do Territorio