Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 2 de febreiro de 2018 Páx. 7821

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (SSS 82/2015).

Demandante: Guadalupe Amorín Fernández

Avogada: Ángeles Cancela Regueiro

Demandados: Obradoiro de Socioloxía, S.L., Meydemo, S.L., Araldi, S.L., Mutua Universal, INSS

Avogado/a: Carlota Peláez Sabell, letrado de la Seguridad Social

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento sobre seguridade social 82/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Guadalupe Amorín Fernández contra Obradoiro de Socioloxía, S.L., Meydemo, S.L., Araldi, S.L., Mutua Universal, INSS sobre seguridade social, se ditou a seguinte resolución:

Parte resolutiva:

Que debo estimar a demanda presentada por instancia de Guadalupe Amorín Fernández, representada e asistida pola letrada Sra. Cancela Regueiro, contra a entidade Obradoiro de Socioloxía, S.L., a entidade Meydemo, S.L. e Araldi, S.L. que non comparece neste acto, contra o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), asistido e representadas polo letrado Sr. González Quintas e contra a Mutua Universal, representada e asistida pola letrada Sra. Peláez Sabell, sobre reclamación de prestación por incapacidade temporal e, en consecuencia, debo condenar as empresas Obradoiro de Socioloxía, S.L. e Meydemo, S.L., ao pagamento da suma de 279,72 euros, como responsables directas, sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria da Mutua Universal, en caso de insolvencia das anteriores quen se subrogará nos dereitos do beneficiario respecto do referido importe e con absolución do INSS, salvo insolvencia da mutua e as empresas.

Debo absolver e absolvo á entidade Araldi, S.L. das pretensións deducidas na súa contra.

Notifíquese ás partes a presente resolución.

Modo de impugnación: advírtese ás partes que contra a presente resolución poderán interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito presentado na oficina xudicial dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtase igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto a nome desta oficina xudicial co núm. 1596, clave 65, debendo indicar no campo concepto “recurso” seguido do código “34 Social Suplicación”, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, deberá consignar na conta de depósitos e consignacións aberta a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario a primeiro requirimento indefinido pola devandita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a esta oficina xudicial co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, ao momento de anuncialo.

A anterior resolución entregarase ao letrado da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E, para que sirva de notificación en legal forma a Obradoiro de Socioloxía, S.L., Meydemo, S.L. e Araldi, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Boletín Oficial correspondente.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza