De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen practicar faranse por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE) e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.
Intentouse a notificación por correo certificado aos titulares das empresas citadas no anexo, sen que fose posible, polo que se lles notifica por medio deste anuncio a resolución ditada nos correspondentes expedientes sancionadores.
Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.
Os interesados dispoñen do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, para interpoñer recurso de alzada ante a Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria, así como para comprobar o contido íntegro do expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Coruña, na rúa Salvador de Madariaga, 9-1º, da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Advírteselles que, de non interporen recurso en tempo e forma, deberán aboar a sanción utilizando necesariamente o documento de pagamento que poderán solicitar nesta xefatura territorial, nos seguintes prazos:
– As sancións notificadas antes do día 15 de cada mes aboaranse antes do 20 do mes seguinte da notificación.
– As sancións notificadas despois do día 15 de cada mes aboaranse antes do 5 do segundo mes seguinte á notificación.
De non facelo así, procederase á exacción pola vía executiva, nos termos previstos na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).
A Coruña, 15 de xaneiro de 2018
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: RL 2017/416-1.
Acta inf. nº: I152017000075838.
Empresa: Catering García, S.L.
NIF: B70379524.
Concello: Ames.
Materia: seguridade e saúde.
Data da resolución: 11.12.2017.
Expediente: RL 2017/459-1.
Acta inf. nº: I152017000088871.
Empresa: Comedores de Obra Móviles, S.L.
NIF: B70289376.
Concello: A Coruña.
Materia: relacións laborais.
Data da resolución: 5.12.2017.
Expediente: RL 2017/501-1.
Acta inf. nº: I152017000098268.
Empresa: Arlea Hotels, S.L.
NIF: B64562770.
Concello: Barcelona.
Materia: relacións laborais.
Data da resolución: 19.12.2017.
Expediente: RL 2017/515-1.
Acta inf. nº: I152017000091093.
Empresa: Mª Jesús Lorenzo Puga.
NIF: 76342481F.
Concello: Carballo.
Materia: seguridade e saúde.
Data da resolución: 20.12.2017.