Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 2 de febreiro de 2018 Páx. 7838

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 18 de xaneiro de 2018, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o acordo de incoación de expediente de caducidade da autorización de explotación Buena Vista, número 226, na provincia de Ourense.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase a Amador Cid Fernández, con último enderezo coñecido na rúa da Fonte, 95, 32702 Vilar de Barrio (Ourense) como titular, o acordo de incoación de expediente de caducidade da autorización de explotación Buena Vista nº 226, pola causa prevista na Lei de minas do 21 de xullo de 1973 (artigo 83.4, e do Regulamento xeral para o réxime da minaría do 25 de agosto de 1978 (artigo 106.d).

O interesado dispón dun prazo de quince días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, para formular as alegacións e presentar os documentos e xustificacións que considere oportunos na súa defensa, de conformidade co establecido no artigo 82.2 da citada Lei 39/2015.

No suposto de non efectuar alegacións no prazo indicado, o acordo de incoación do expediente de caducidade proseguirá a súa tramitación.

O titular, á marxe do expediente de caducidade que se propón, queda obrigado ao exposto no artigo 88 da Lei 22/1973, do 21 de xullo, de minas, e no artigo 167 do Real decreto 863/1985, do 2 de abril, polo que se aproba o Regulamento xeral de normas básicas de seguranza mineira (BOE núm. 140, do 12 de xuño).

Ourense, 18 de xaneiro de 2018

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense