Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 1 de febreiro de 2018 Páx. 7466

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo do servizo de elaboración da Estratexia galega fronte ao cambio climático 2050, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, nun 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

missing image file

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 12/2017 CA.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/licitacion?N=171428

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: elaboración da Estratexia galega fronte ao cambio climático 2050.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 79421200-3, 90712000-1.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 180.000,00 €.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 180.000,00 €. Importe total: 217.800,00 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 12 de decembro de 2017.

b) Data de formalización do contrato: 18 de decembro de 2017.

c) Adxudicatario: Fundación Tecnalia Research & Innovation.

d) Importe de adxudicación:

Importe neto: 126.000,00 €. Importe total con IVE: 152.460,00 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2018

María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente
e Ordenación do Territorio