Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 1 de febreiro de 2018 Páx. 7462

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 2018 pola que se anuncia o procedemento aberto para a contratación documentalmente simplificada do servizo consistente na redacción do proxecto básico e de execución da obra de rehabilitación dun edificio para a nova oficina central de emprego de Lugo.

1. Poder adxudicador:

a) Organismo: Consellería de Facenda da Xunta de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio.

c) Numero de expediente: FAC03/2018.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: servizos.

b) Descrición do obxecto: redacción do proxecto básico e de execución da obra de rehabilitación dun edificio para a nova oficina central de emprego de Lugo.

c) CPV: 71221000-3.

d) Prazo de execución: catro meses contados desde o día da súa sinatura.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación:

• Criterios cualitativos non avaliables mediante fórmulas: ata 40 puntos.

– Solucións propostas para reducir a demanda enerxética: ata 14 puntos.

– Propostas dos sistemas de instalacións: ata 14 puntos.

– Xustificación do encaixe das solucións propostas co orzamento da obra que figura no PPT: ata 12 puntos.

• Criterios cuantitativos avaliables mediante fórmulas: ata 60 puntos.

– Oferta económica: ata 60 puntos.

4. Orzamento base de licitación:

a) Prezo: corenta e seis mil novecentos setenta e sete euros con sesenta céntimos (46.977,60 €), IVE excluído.

b) IVE: nove mil oitocentos sesenta e cinco euros con trinta céntimos (9.865,30 €).

5. Garantías:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación do contrato, excluído o IVE.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, Servizo de Contratación e Réxime Interior da Consellería de Facenda.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, nº 3.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 57 14/981 54 41 40.

e) Telefax: 981 54 41 25.

f) Correo electrónico: contratacion@conselleriadefacenda.es

g) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=257496

Poderase consultar tamén na seguinte páxina web:

http://www.conselleriadefacenda.es/a-conselleria/perfil-do-contratante

h) Data límite de obtención de documentos: será a mesma que para a presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

Solvencia:

– Económica e financeira: volume anual de negocios que referido ao ano de maior volume dos tres últimos concluídos sexa igual ou superior a 70.466,40 € ou seguro de indemnización por riscos profesionais por importe igual ou superior a 70.466,40 €.

– Técnica e profesional: ter redactado nos últimos cinco anos dous proxectos de obra. O importe total de execución de cada unha das obras debe ser igual ou superior a 400.000,00 €.

8. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: ata as dezanove (19.00) horas do décimo quinto (15) día natural, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no cadro de características do PCAP.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado, na oficina do Rexistro Único e Información no Complexo Administrativo de San Caetano, 15781 Santiago de Compostela. Se as proposicións se cursan por correo haberá que aterse ao previsto no cadro de características do PCAP.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas: acto público.

a) Entidade e lugar: sala de xuntas da Consellería de Facenda.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, nº 3, 15781 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: publicaranse no perfil do contratante as convocatorias das mesas públicas para a apertura dos sobres B e C.

10. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 2018

O conselleiro de Facenda
P.D. (Orde do 9.1.2012; DOG do 13 de xaneiro)
Mª Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda