Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 1 de febreiro de 2018 Páx. 7470

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo de subministración en réxime de propiedade de vehículos todoterreo novos para os servizos de Conservación da Natureza das xefaturas territoriais.

missing image file

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 27/2017 PN.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/licitacion?N=211512

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración en réxime de propiedade de vehículos todoterreo para os servizos de Conservación da Natureza das xefaturas territoriais.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 34113000-4.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 208.600,00 €.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 208.600,00 €. Importe total: 252.406,00 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 12 de decembro de 2017.

b) Data de formalización do contrato: 13 de decembro de 2017.

c) Adxudicatario: Trigocar, S.L.

d) Importe de adxudicación:

Importe neto: 202.300,00 €. Importe total con IVE: 244.783,00 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2018

María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente
e Ordenación do Territorio