Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 1 de febreiro de 2018 Páx. 7472

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se fai pública a formalización dos contratos administrativos da subministración, instalación e posta en marcha de equipamento de cromatografía de gases, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

missing image file

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización dos seguintes contratos:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 24/2016 CA.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=62678

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración, instalación e posta en marcha de equipamento de cromatografía de gases.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 38432210-7.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 334.427,00 €.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 334.427,00 €. Lote 1: 177.579,90 €. Lote 2: 156.847,10 €. Importe total: 404.656,67 €. Lote 1: 214.871,68 €. Lote 2: 189.784,99 €.

6. Formalización do contrato do lote 1:

a) Data de adxudicación: 15 de setembro de 2017.

b) Data de formalización do contrato: 14 de novembro de 2017.

c) Adxudicatario: Agilent Technologies Spain, S.L.

d) Importe de adxudicación:

Importe neto: 153.000,00 €. Importe total con IVE: 185.130,00 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante.

7. Formalización do contrato do lote 2:

a) Data de adxudicación: 27 de outubro de 2017.

b) Data de formalización do contrato: 13 de decembro de 2017.

c) Adxudicatario: Agilent Technologies Spain, S.L.

d) Importe de adxudicación:

Importe neto: 144.000,00 €. Importe total con IVE: 174.240,00 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2018

Mª Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente
e Ordenación do Territorio