Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 1 de febreiro de 2018 Páx. 7450

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO (128/2017).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 128/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Marta Pérez Cabezas contra o Fondo de Garantía Salarial e Norcap, S.L.U., sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución:

«Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: despedimento número 128/2017

Demandante: Marta Pérez Cabezas

Letrada: Sra. Gutiérrez Espada

Demandados: Norcap, S.L.U. e o Fogasa

Sentenza 496/2017.

Resolución:

1º. Admito a demanda sobre despedimento formulada por Marta Pérez Cabezas fronte a Norcap, S.L.U. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e condeno a demandada a que readmita inmediatamente a traballadora nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, ou ben, a elección da empresa, a que extinga a relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución. Todo iso con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a notificación da presente sentenza.

A devandita opción deberá exercerse en cinco días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o devandito prazo sen que se optase, entenderase que procede a readmisión.

2º. A indemnización e os salarios de tramitación que ten que aboar a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, son os seguintes:

– En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela, a cantidade de 827,94 euros.

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación da presente sentenza, calculados a razón de 21,50 euros/día.

O Fogasa deberá de pasar polo resolto na presente resolución sen prexuízo dos límites legais correspondentes.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes, advertíndolles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino.

Asinada. Javier López Cotelo.

Publicada no día da súa data.

Asinada. Marta Yanguas del Valle».

E para que sirva de notificación en legal forma a Norcap, S.L.U, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 11 de xaneiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza