Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 31 de xaneiro de 2018 Páx. 7156

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Moeche

ANUNCIO da aprobación definitiva do Plan de sectorización do parque empresarial no solo apto para urbanizar de uso industrial SAU-1.

Mediante o Acordo do Pleno, do 1 de agosto de 2017, en sesión extraordinaria, foi aprobado definitivamente o Plan de sectorización do parque empresarial no solo apto para urbanizar de uso industrial SAU-1, o que se publica para os efectos do artigo 92.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia en relación co disposto na disposición transitoria segunda da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

Primeiro. Aprobar definitivamente o Plan de sectorización do parque empresarial no solo apto para urbanizar de uso industrial SAU-1, presentado por José Ramón Franco Caaveiro, en nome e representación de Fimoba, S.L. e redactado por Proyfe, S.L.

Segundo. Publicar a aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia, para os efectos do establecido no artigo 92.1 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia. Esta publicación deberase realizar no prazo dun mes desde a adopción da aprobación definitiva.

Igualmente, publicarase a aprobación definitiva xunto coa normativa e as ordenanzas do Plan de sectorización no Boletín Oficial da provincia da Coruña. Todo isto en virtude do establecido no artigo 92.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Terceiro. Comunicarlle o acordo de aprobación definitiva, en virtude do artigo 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, para os efectos oportunos, á consellería competente en materia de urbanismo e ordenación do territorio, achegando unha copia autenticada de dous exemplares do plan aprobado definitivamente con todos os planos e documentos que integran o plan sobre os cales recaese acordo de aprobación definitiva, debidamente dilixenciados pola Secretaría do Concello.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, pódese interpor alternativamente o recurso de reposición potestativo, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, ante o Pleno do Concello de Moeche, de conformidade co artigo 112 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se opta por interpor o recurso de reposición potestativo, non poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio. Todo isto sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que xulgue pertinente.

Moeche, 8 de xaneiro de 2018

Beatriz Bascoy Maceiras
Alcaldesa