Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 31 de xaneiro de 2018 Páx. 7079

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 10 de xaneiro de 2018, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, polo que se notifica a resolución de caducidade do certificado de capacitación para o adestramento de cans para garda e defensa do expediente CCA-D-053 e catro máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase a resolución de caducidade do certificado de capacitación para o adestramento de cans para garda e defensa a Lidia María Cardalda Núñez con NIF *****305D (expediente: CCA-D-053); Félix Fernández Traseira con NIF *****115G (expediente: CCA-D-054), Ignacio Manuel Pereira López con NIF *****686W (expediente: CCA-D-058), Pedro Santiago Salas Díaz con NIF *****802L (expediente: CCA-D-060) e Lorena Terrón Pérez con NIF *****352R (expediente: CCA-D-061), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos no derradeiro enderezo coñecido e non ser posible a súa práctica.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o interesado se entenderá notificado desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

En cumprimento do artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a persoa interesada poderá comparecer para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica no prazo de 10 días hábiles contados desde o día seguinte á publicación deste anuncio no BOE, nas dependencias da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, Servizo de Conservación da Biodiversidade, situadas na rúa San Lázaro, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Contra a resolución do expediente referido, que non pon fin á vía administrativa, poderá o interesado poñer recurso de alzada ante a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, no prazo dun mes, conforme ao disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, contado dito prazo desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, sen prexuízo de que se poida exercer calquera outro recurso que se considere pertinente.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2018

Ana María Díaz López
Directora xeral de Patrimonio Natural