O 4 de decembro de 2017, a xefa territorial de Pontevedra ditou a resolución do expediente sancionador 2017368TA-PO incoado a Adolfo López Villar, co DNI 53170192B.
Tras intentar a notificación desta resolución consonte o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non se puido efectuar, polo que, mediante esta cédula se lle notifica a Adolfo López Villar o contido da dita resolución, que figura no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para o seu coñecemento.
No caso de estar conforme con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no seguinte prazo:
1. Se a publicación se realiza entre os días 1 e 15 do mes, desde a data da publicación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato hábil seguinte.
2. Se a publicación se realiza entre os días 16 e último do mes, desde a data da publicación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato hábil seguinte.
Para isto deberá empregar os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta xefatura territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.
Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Sanidade, no Edificio Administrativo San Lázaro, en Santiago de Compostela, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, de conformidade co establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no TEU do BOE.
Pontevedra, 8 de xaneiro de 2018
Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra
ANEXO
Número de expediente: 2017364TA-PO.
Sancionado: Adolfo López Villar.
DNI: 53170192B.
Enderezo: Sabaxáns, 117, O Meixoeiro, 36214 Vigo.
Feito imputado: infracción do previsto na Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro.
Preceptos infrinxidos:
Artigo 7) «Prohíbese fumar, ademais de naqueles lugares ou espazos definidos na normativa das comunidades autónomas, en:
u) Bares, restaurantes e demais establecementos de restauración pechados».
Tipificación: unha infracción administrativa tipificada como leve no artigo 19.2.a) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro.
Sanción imposta: trinta euros (30 €).