Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 31 de xaneiro de 2018 Páx. 7126

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 10 de xaneiro de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador 2017299AL-CO por infraccións en materia sanitaria.

Non se puido levar a cabo a notificación da resolución do expediente sancionador 2017299AL-CO incoado a María del Carmen González Maroño.

De acordo co previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese á súa notificación mediante anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE). Poderá consultar o expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade, sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña.

A resolución non esgota a vía administrativa e poderá interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, segundo establecen os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

No caso de estar de acordo co contido desta resolución, o pagamento voluntario da sanción poderá efectualo en calquera entidade bancaria colaboradora, empregando os impresos normalizados que lle facilitarán nas dependencias da xefatura territorial.

Os prazos serán os seguintes:

– Sancións notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes: ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o primeiro día hábil seguinte.

– Sancións notificadas entre os días 16 e último de cada mes: desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o primeiro día hábil seguinte.

A Coruña, 10 de xaneiro de 2018

A xefa territorial da Coruña
P.S. (Artigo 19.3 do Decreto 41/2013, do 21 de febreiro, de estrutura
orgánica da Consellería de Sanidade, modificado polo Decreto 33/2014)
Marta Gil Pérez
Xefa do Servizo de Xestión da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: 2017299AL-CO.

Interesada: María del Carmen González Maroño (Restaurante Nobel).

DNI/NIF/CIF: 32831742R.

Último enderezo coñecido: rúa Nobel, 33, 15660 Cambre.

Avda. Párroco Villanueva, 39, bloque 1, baixo A, 15160 Sada.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.