Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 30 de xaneiro de 2018 Páx. 6746

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de auto e decreto (ETX 1/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 1/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Rey Resua contra Ana María Pardal Viñas e Outra, S.C. e o Fogasa, foron ditadas as seguintes resolucións, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Auto.

Maxistrada xuíza: María Sánchez Galindo.

Santiago de Compostela, 5 de xaneiro de 2018.

Parte dispositiva:

Dispoño: despachar orde xeral de execución da sentenza nº 498/17 do 10.11.2017, ditada no procedemento ordinario 432/15 a favor da parte executante, María Rey Resua contra Ana María Pardal Viñas e Outra, S.C. e o Fogasa, parte executada, polo importe de 9.132,85 euros en concepto de principal (7.349,39 euros en concepto de diferenzas salariais, salarios, horas extra e indemnización, 1.753,89 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET sobre os conceptos salariais que comportan 6.973,54 euros, 29,57 euros en concepto de xuros do artigo 1108 do Código civil sobre a indemnización por fin de contrato que comporta 375,58 euros), máis outros 913,28 euros que se fixan provisoriamente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan producir durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Contra este auto poderase interpor recurso de reposición ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación».

«Decreto.

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 5 de xaneiro de 2018.

Parte dispositiva:

Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir a executada Ana María Pardal Viñas e Outra, S.C., co fin de que no prazo de dez días aboe a cantidade de 9.132,85 euros en concepto de principal (7.349,39 euros en concepto de diferenzas salariais, salarios, horas extra e indemnización, 1.753,89 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET sobre os conceptos salariais que comportan 6.973,54 euros, 29,57 euros en concepto de xuros do artigo 1108 do Código civil sobre a indemnización por fin de contrato que comporta 375,58 euros), máis outros 913,28 euros que se fixan provisoriamente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan producir durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, ingresando o devandito importe na conta deste xulgado, aberta no Banco Santander co número IBAN ES55 0049 3569 9200 0500 1274 (número de expediente xudicial 1589 0000 64 0001 18), con apercibimento de que, en caso de non cumprir o requirimento no prazo conferido, se procederá ao embargo dos seus bens para cubrir a devandita suma, logo de indagación a través da aplicación informática deste xulgado.

– Requirir Ana María Pardal Viñas e Outra, S.C., co fin de que no prazo de dez días manifeste relacionadamente bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, se é o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non o verificar, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderán impórselle tamén multas coercitivas periódicas.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpor ante o presente órgano xudicial no prazo dos tres días hábiles seguintes á notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS).

A letrada da Administración de xustiza.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A xuíza

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Ana María Pardal Viñas e Outra, S.C., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de xaneiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza