Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 30 de xaneiro de 2018 Páx. 6752

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 de Reforzo da Coruña

EDICTO (DSP 166/2017).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 166/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ovidio Rial Cereijo contra a empresa Rofe Innovaciones, S.L., sobre despedimento, ditouse sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Reforzo

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: resolución de contrato número 166/2017, acumulado despedimento 388/2017

Demandante: Ovidio Rial Cereijo

Letrado: Sr. Nogueira Esmorís

Demandado: Rofe Innovaciones, S.L.

Sentenza número 606/17

A Coruña, 3 de outubro de 2017

Resolución

A) Estimo as accións, sobre resolución de contrato e despedimento, formuladas por Ovidio Rial Cereijo fronte a Rofe Innovaciones, S.L. e, en consecuencia:

1º. Declaro, con data da presente sentenza, a extinción do contrato de traballo existente entre o traballador demandante e o empresario demandado, por causas imputables a este, e condeno a demandada a aboarlle a cantidade total de 1.972,64 euros en concepto de indemnización.

2º. Declaro a improcedencia do despedimento da parte demandante do 30.11.2016 e condeno a empresa demandada a satisfacer ao demandante:

– Os salarios de tramitación desde esa data ata a data da presente resolución a razón de 47,82 euros día (307 días): total 14.680,74 euros brutos.

B) Estimo a acción, sobre reclamación de cantidade, formulada por Ovidio Rial Cereijo fronte a Rofe Innovaciones, S.L. e, en consecuencia, condeno este a aboar ao primeiro a suma de 7.806,19 euros brutos polos salarios devindicados e non satisfeitos.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela no presente procedemento. Notifíquese esta sentenza ás partes, advertíndolles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamentoo.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Rofe Innovaciones, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 19 de decembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza