Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 30 de xaneiro de 2018 Páx. 6734

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO (DOI 122/2017).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 122/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Domingo Antonio Rodríguez Varela contra Granxa Parga, S.L.U., sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución:

«Sentenza número 613/2017.

A Coruña, 20 de decembro de 2017.

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado do Social de reforzo da Coruña, os presentes autos de procedemento número 109/2017, seguidos ante este xulgado por instancia de Domingo Antonio Rodríguez Varela, representado polo letrado Luis Arbones Maciñeira, contra Granxa Parga, S.L.U., que non comparece, procedo a ditar sentenza de conformidade cos seguintes:

Fallo que debo estimar e estimo a demanda presentada por Domingo Antonio Rodríguez Varela contra Granxa Parga, S.L.U., declaro improcedente o despedimento do demandante e condeno a empresa a que, no prazo de cinco días desde a data da notificación da sentenza, opte entre a readmisión inmediata do demandante, nas mesmas condicións que rexían con anterioridade, con aboamento dos salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a notificación desta resolución, que ascenden 40,92 euros diarios, ou ben o aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 5.401,44 euros.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Asinada. Patricia López Arranz.

Publicada no día da súa data.

Asinado. Marta Yanguas del Valle.

E para que sirva de notificación en legal forma a Granxa Parga, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 20 de decembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza