Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 30 de xaneiro de 2018 Páx. 6802

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 2018, da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, pola que se anuncia a licitación para a contratación do servizo de limpeza en varios centros de saúde e puntos de atención continuada dependentes desta xerencia (expediente AB-ASF1-18-002).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención de información.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Subministracións (Unidade de Contratación).

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol. Servizo de subministracións.

2º. Enderezo: avenida da Residencia, s/n.

3º. Localidade e código postal: Ferrol 15405.

4º. Teléfonos: 981 33 67 62 e 981 33 45 14.

5º. Telefax: 981 33 45 51.

6º. Correo electrónico: contratacion.subministracions.ferrol@sergas.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8º. Data límite de obtención de documentos e información: poderanse recoller ata o último día de presentación de ofertas, todos os días laborais das 9.00 ás 14.00 horas.

d) Número de expediente:AB-ASF1-18-002.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo de limpeza en varios centros de saúde e puntos de atención continuada dependentes da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

c) División por lotes e número de lotes (número de unidades): lote único.

d) Lugar de execución/entrega: véxanse os pregos.

e) Prazo de execución/entrega: vinte e catro (24) meses.

f) Admisión de prórroga: si.

g) Establecemento dun acordo marco (se é o caso): non.

h) Sistema dinámico de adquisición (se é o caso): non.

i) CPV (referencia de nomenclatura): 90911200-8.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación, se é o caso:

– Valoración técnica do proxecto: ata 50 puntos.

– Oferta económica: ata 40 puntos.

– Achega de mellora adicional: ata 10 puntos.

4. Valor estimado do contrato: 3.981.250,00 €.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 1.470.000,00 €. IVE: 308.700,00 €. Importe total: 1.778.700,00 €.

6. Garantías exixidas.

a) Provisional: non.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación sen IVE.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, se é o caso: véxanse os pregos.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: véxanse as cláusulas 4.3 e 6.6.2 dos pregos de cláusulas administrativas particulares.

c) Outros requisitos específicos: véxanse os pregos.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 26.2.2018.

b) Modalidade de presentación: véxanse os pregos.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

2º. Enderezo: avenida da Residencia, s/n.

3º. Localidade e código postal: Ferrol 15405.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: catro meses desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas.

a) A data, a hora e o lugar de celebración das mesas de apertura dos sobres B e C publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: por conta do adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de las Comunidades Europeas (se é o caso): 16.1.2018.

12. Outras informacións: –.

Ferrol, 16 de xaneiro de 2018

Ángel Facio Villanueva
Xerente de Xestión Integrada de Ferrol