1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.
a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.
b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.
c) Obtención de documentación e información:
1º. Dependencia: Servizo de Contratación.
2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2º andar.
3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.
4º. Teléfono: 881 54 36 18.
5º. Telefax: 881 54 27 62.
6º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es
7º. Data límite de obtención de documentación e información: antes das 14.00 horas do día 26.2.2018.
d) Número de expediente: AI-SER1-18-008.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: servizo.
b) Descrición: servizo de realización de probas de laboratorio externo para os centros dependentes do Servizo Galego de Saúde.
c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.
d) Prazo de execución/entrega: 28 meses como máximo desde a súa formalización.
e) Admisión de prórroga: si.
f) CPV (referencia de nomenclatura): 85145000-7.
3. Tramitación, procedemento.
a) Tramitación: ordinaria e anticipado de gasto.
b) Procedemento: aberto.
c) Criterios de adxudicación, se é o caso:
Concepto |
Puntuación |
Criterios non valorables de forma automática (sobre B) |
0 - 50 |
Oferta técnica |
0 - 45 |
Informática |
0 - 5 |
Criterios valorables de forma automática (sobre C) |
0 - 50 |
Oferta económica |
0 - 45 |
Porcentaxe de desconto sobre prezos do catálogo oficial |
0 - 5 |
4. Valor estimado do contrato: 6.247.567,56 euros.
5. Orzamento base de licitación.
Importe neto: 2.082.522,52 euros. Importe total: 2.082.522,52 euros.
6. Garantías exixidas.
Provisional: non. Definitiva: 5 % do orzamento base de licitación, excluído o IVE.
7. Requisitos específicos do contratista.
a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: véxase a cláusula 6.6.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 26.2.2018.
Se o último día de presentación de solicitudes coincide en día inhábil na localidade establecida na cláusula 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.
b) Lugar de presentación:
1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.
2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.
3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.
c) Admisión de variantes, se procede: non.
d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: catro meses contados desde a data de apertura das proposicións.
9. Apertura das ofertas.
a) Enderezo: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.
b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.
c) Data e hora: A apertura do sobre B terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao da finalización de presentación das ofertas. No caso que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.
A apertura do sobre C publicarase no perfil do contratante.
10. Gastos de publicidade: si, por conta do/dos adxudicatarios.
11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 16.1.2018.
12. Outras informacións:
Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2018
Mª Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos