Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 29 de xaneiro de 2018 Páx. 6401

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 701/2015).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 701/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Victoria Dolores Portas Castro contra Campiñas de Laíño, S.A., Refojo y González, S.L., Hipescar, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

«Que debo estimar a demanda presentada por instancia de Victoria Dolores Portas Castro, representada e asistida pola letrada Sra. Gil Fernández, contra o Fogasa, representado e asistido pola letrada Sra. Pérez Díez del Corral, contra as entidades Campiñas de Laíño, S.L. e Refojo y González, S.L., que comparecen representadas e asistidas pola letrada Sra. Blanco Fernández e contra os administradores concursais das outras dúas entidades, que non comparecen, e contra a entidade Hipescar, S.L., que non comparece malia ser citada e, en consecuencia, debo condenar e condeno o Fogasa a aboar á demandante a cantidade de 9.831,45 euros en concepto de indemnización, máis os xuros do artigo 576 da LAC que se devindicarán a partir dos tres meses seguintes ao día de notificación da presente resolución.

Notifíquese ás partes a presente resolución.

Modo de impugnación: advírtese ás partes que contra a presente resolución poderán interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito presentado na oficina xudicial dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtase, igualmente, ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto a nome desta oficina xudicial co número 1596, clave 65, debendo indicar no campo concepto “recurso” seguido do código “34 social suplicación”, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, deberá consignar na conta de depósitos e consignacións aberta a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario a primeiro requirimento indefinido pola devandita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a esta oficina xudicial co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Hipescar, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no boletín oficial correspondente».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 3 de xaneiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza