Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 29 de xaneiro de 2018 Páx. 6387

V. Administración de xustiza

Xulgado do Mercantil número 3 de Pontevedra

EDICTO (51/2017).

Eu, María Luisa Sánchez Garrido, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Mercantil número 3 de Pontevedra, con sede en Vigo, polo presente anuncio:

No presente procedemento ordinario número 51/2017 seguido por instancia de María Purificación Vázquez Estévez fronte a Asetil Educación de Calle, S.L., en liquidación, ditouse Sentenza 137/2017, do 20 de xuño, que en extracto dispón:

«Estimar integramente a demanda interposta por Mª Purificación Vázquez Estévez.

Condenar a Asetil Educación de Calle, S.L., en liquidación, a satisfacer á anterior a cantidade de 52.007,73 euros, con expresa imposición das costas causadas. Modo de impugnación: recurso de apelación a interpoñer ante este xulgado no prazo de vinte días, contados desde a publicación deste edicto, para o seu coñecemento e resolución pola Audiencia Provincial de Pontevedra, logo de consignación de 50 euros na forma establecida pola disposición adicional décimo quinta da LOPX e logo do pagamento da taxa xudicial (artigos 2.e) e 5.1.f) da Lei 10/2012, do 20 de novembro)».

E encontrándose a devandita demandada en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Vigo, 21 de decembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza