Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 29 de xaneiro de 2018 Páx. 6255

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 2018, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por esta secretaría no último cuadrimestre do ano 2017.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG número 30, do 15 de febreiro), establece que cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia debe facer pública no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Dar publicidade á seguinte relación de convenios que se incorpora como anexo a esta resolución:

– Convenios de colaboración subscritos pola Secretaría Xeral para o Deporte nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro de 2017.

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2018

Marta Míguez Telle
Secretaria xeral para o Deporte

ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Secretaría Xeral para o Deporte
nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro de 2017

Data

sinatura

Descrición

Importe total

6.9.2017

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Ares para levar a cabo as obras de substitución da estrutura da cuberta na bancada do campo de fútbol municipal

35.000,00 €

14.9.2017

Addenda ao Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Noia (A Coruña) para a construción dos vestiarios no polideportivo de Bergondo

Sen importe económico

18.9.2017

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Soutomaior para a reparación da cuberta do pavillón municipal

15.000,00 €

20.9.2017

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello da Guarda para a mellora dos vestiarios do pavillón da Sangriña

49.902,86 €

21.9.2017

Convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Ourense e a Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral para o Deporte, para a realización de obras en instalacións e espazos deportivos

500.000,00 €

26.9.2017

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Arbo para levar a cabo obras de reforma no pavillón municipal

10.000,00 €

2.10.2017

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello do Carballiño para a renovación do pavimento da pista anexa do pavillón municipal de deportes Paco Chao

30.000,00 €

3.10.2017

Addenda ao Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Ares para levar a cabo as obras de substitución da estrutura da cuberta na bancada do campo de fútbol municipal

Sen importe económico

3.10.2017

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Redondela (Pontevedra) para a subministración de dous marcadores electrónicos para os pavillóns deportivos de Chapela e A Marisma

35.000,00 €

9.10.2017

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Cangas para levar a cabo a renovación do pavimento das pistas de atletismo

50.000,00 €

18.10.2017

Addenda ao Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello do Carballiño para a renovación do pavimento da pista anexa do pavillón municipal de deportes Paco Chao

Sen importe económico

31.10.2017

Addenda ao Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello do Rosal para reparacións na cuberta da bancada do campo de fútbol municipal da Mata

Sen importe económico

20.11.2017

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e as asociacións Inserta Empleo e Ilunión Empleo para a posta en marcha do programa «Eu son DGAN» en prol da inserción laboral dos deportistas de alto nivel con e sen discapacidade

194.770,00 €

20.11.2017

Addenda ao Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Marín para a reforma da pista de atletismo da Raña

Sen importe económico

30.11.2017

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Outeiro de Rei para a adecuación das instalacións do circuíto do concello como centro de deportes do motor e seguridade viaria

157.000,00 €

11.12.2017

Addenda ao convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral para o Deporte e a Federación Galega de Balonmán para a realización do programa de promoción e desenvolvemento da súa modalidade deportiva para o ano 2017

10.000,00 €

11.12.2017

Addenda ao convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral para o Deporte e a Federación Galega de Taekwondo para a organización dos campionatos de España en idade escolar por seleccións autonómicas correspondentes ao ano 2017

3.000,00 €

12.12.2017

II addenda ao Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello do Carballiño para a renovación do pavimento da pista anexa do pavillón municipal de deportes Paco Chao

Sen importe económico

15.12.2017

Addenda ao Convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Ourense e a Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral para o Deporte, para a realización de obras en instalacións e espazos deportivos

Sen importe económico

22.12.2017

Addenda ao Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Cangas para levar a cabo a renovación do pavimento das pistas de atletismo

Sen importe económico

22.12.2017

II addenda ao Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Marín para a reforma da pista de atletismo da Raña

Sen importe económico

31.12.2017

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral para o Deporte e a Federación Galega de Ximnasia para a organización dos campionatos de España en idade escolar por seleccións autonómicas correspondentes ao ano 2017

6.729,76 €

31.12.2017

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral para o Deporte e a Federación Galega de Xadrez para a organización dos campionatos de España en idade escolar por seleccións autonómicas correspondentes ao ano 2017

8.856,78 €