Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 25 de xaneiro de 2018 Páx. 5743

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se anuncia a corrección de erros no prego de prescricións técnicas do procedemento aberto, suxeito a regulación harmonizada, para a contratación da subministración de contedores para a recollida selectiva de residuos de fracción orgánica, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, obxectivo temático 06, prioridade de investimento 06.01, obxectivo específico 06.01.01, actuación 6.1.1.1.

missing image file

No DOG número 13, do 18 de xaneiro de 2018, publicouse a Resolución do 28 de decembro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada, para a contratación da subministración de contedores para a recollida selectiva de residuos de fracción orgánica, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, obxectivo temático 06, prioridade de investimento 06.01, obxectivo específico 06.01.01, actuación 6.1.1.1.

Unha vez advertido un erro no prego de prescricións técnicas para a referida contratación, realizouse a súa corrección no sentido seguinte:

No número 2.2, características técnicas dos contedores, da versión en galego:

Onde di: «Dúas rodas, de caucho macizo ou similar, de diámetro aproximado de 200 mm dotadas de freo para evitar posibles accidentes de manipulación. O seu mantemento e reparación poderá efectualos o operario desde o exterior do colector para maior comodidade e hixiene», debe dicir: «Dúas rodas, de caucho macizo ou similar, de diámetro aproximado de 200 mm. O seu mantemento e reparación poderá efectualos desde o exterior do contedor para maior comodidade e hixiene».

Unha vez corrixidos estes, procédese á publicación do prego de prescricións técnicas no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=241441.

Así mesmo, con data do 9 de xaneiro de 2018, publicouse no perfil do contratante a versión en castelán do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

Estas correccións afectan o prazo de presentación de proposicións recollido no punto 8 da citada resolución, que se amplía en 12 días, polo que o prazo finaliza o 19 de febreiro de 2018.

O anuncio de información adicional ou rectificativo enviouse ao Diario Oficial de la Unión Europea o 19 de xaneiro de 2018.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2018

Mª Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente
e Ordenación do Territorio