Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 25 de xaneiro de 2018 Páx. 5745

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se publica o acordo de prórroga do prazo de presentación de ofertas do procedemento aberto, suxeito a regulación harmonizada, para a contratación do servizo para o deseño e execución das actuacións para a mellora da xestión de residuos urbanos durante o ano 2018, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, obxectivo temático 06, prioridade de investimento 06.01, obxectivo específico 06.01.01, actuación 06.01.01.01.

missing image file

No DOG número 14, do 19 de xaneiro de 2018, publicouse a Resolución do 29 de decembro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada, para a contratación do servizo para o deseño e execución das actuacións para a mellora da xestión de residuos urbanos durante o ano 2018, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, obxectivo temático 06, prioridade de investimento 06.01, obxectivo específico 06.01.01, actuación 06.01.01.01.

Mediante a Resolución do 19 de xaneiro de 2018, ao abeiro do disposto no artigo 158 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, debido á publicación no perfil do contratante (http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=241968), da versión en castelán do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares, acórdase a prórroga do prazo de presentación de proposicións ata o vindeiro 14 de febreiro de 2018.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2018

Mª Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente
e Ordenación do Territorio