Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 24 de xaneiro de 2018 Páx. 5332

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (255/2015).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de salarios tramitación con cargo ao Estado 255/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Estefanía Martínez Vilariño contra Carlota Lorena Elizechea Mateos, a Delegación do Goberno en Galicia - Subdelegación do Goberno na Coruña, a Secretaría de Estado de Xustiza, a Secretaría Xeral da Administración de Xustiza, sobre salarios tramitación con cargo ao Estado, ditouse a seguinte resolución cuxa resolución expresa:

«Que, estimando parcialmente a demanda interposta por Estefanía Martínez Vilariño contra a Delegación do Goberno en Galicia – Subdelegación do Goberno na Coruña – Dependencia de Traballo e Inmigración da Coruña e contra a Secretaría de Estado de Xustiza – Secretaría Xeneral da Administración de Xustiza – Dirección Xeral de Relacións coa Administración de Xustiza, e contra Carlota Lorena Elizechea Mateos, debo condenar e condeno as administracións demandadas a aboarlle á demandante a suma de 2.245,76 euros en concepto de salarios de tramitación derivados da sentenza de despedimento ditada no procedemento de despedimento número 279/2012 seguido ante este xulgado, e condeno a Carlota Lorena Elizechea Mateos a estar e pasar por tal declaración.

Notifíquese ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a esta cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Carlota Lorena Elizechea Mateos, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza