Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 24 de xaneiro de 2018 Páx. 5389

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 3 de xaneiro de 2018 pola que se emprazan os interesados no procedemento ordinario 340/2017, no expediente sancionador e de reposición da legalidade POL/137/2014-RP1, ao ser devolta a notificación polo servizo de Correos.

Para os efectos de darlle cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Pontevedra, en relación co procedemento ordinario 340/2017, interposto por Comunidad de Propietarios Mar Tambo, contra a Resolución desestimatoria ditada polo director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no recurso potestativo de reposición o 13 de setembro de 2017, interposto contra outra do 16 de marzo de 2016 (expediente POL/137/2014-RP1), na cal se declara prescrita a infracción respecto da edificación auxiliar e muros polo transcurso do prazo legalmente establecido na Lei de costas e se ordena a restitución das cousas e a súa reposición ao estado anterior ao da comisión da infracción, debendo proceder á demolición da edificación auxiliar, sita no camiño Urxeira, número 1, Chancelas, Urbanización Mar Tambo, concello de Poio, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Pontevedra.

Ao non poder realizarse a notificación persoal do emprazamento, mediante esta cédula (que ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas -LPACAP, se lle notifica por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado) emprázanse Florencio Cruz Barreiro e Teresa Vidal Gómez para que poidan presentarse como interesados nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 3 de xaneiro de 2018

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística