Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 24 de xaneiro de 2018 Páx. 5388

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 4 de xaneiro de 2018, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-PO-1112/2016-ACU.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do expediente PSC-PO-1112/2016-ACU.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

A interesada poderá comparecer nas oficinas da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 4º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderá a persoa interesada interpoñer recurso de alzada, ante a conselleira do Mar, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, alínea c), da mesma lei.

Vigo, 4 de xaneiro de 2018

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº de expediente

Interesada

DNI/NIF/NIE

Acto que
se notifica

Enderezo

PSC-PO-1112/2016-ACU

Mariscos Rivas Mar, S.L.

B36281368

Resolución

Ameixoada, 25, Moaña