No artigo 74 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, modificada pola Lei 14/2011, do 16 de decembro, e no Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas de Galicia, no artigo 53, establece a obrigatoriedade de publicar, no Diario Oficial de Galicia, a modificación do artigo 44 dos estatutos sociais (ampliación do capital social mínimo), da entidade Somos la Ventana, S. Coop. Galega, acordada na asemblea xeral universal do 27 de marzo de 2017, por unanimidade. Consta como novo capital social mínimo 22.500,00 €.
RESOLVO:
Dispoñer a publicación no Diario Oficial de Galicia da modificación do artigo 44 dos estatutos (ampliación do capital social mínimo), da entidade Somos la Ventana, S. Coop. Galega.
Vigo, 5 de xaneiro de 2018
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra