En cumprimento do disposto no artigo 115 da Lei 6/2013, do 13 de xuño, do Sistema universitario de Galicia, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 28 de decembro de 2017, adoptou o Acordo polo que se modifica o Plan galego de financiamento universitario 2016-2020.
Para xeral coñecemento, procédese á publicación do referido acordo, que figura como anexo a esta resolución.
O texto do dito plan estará a dispor do público no seguinte enlace http://www.edu.xunta.es
Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2018
José Alberto Díez de Castro
Secretario xeral de Universidades
ANEXO
Autorizar a modificación do Plan galego de financiamento universitario 2016-2020, que se xunta como anexo.
A proposta de modificación foi aprobada, de xeito unánime, pola Comisión de Seguimento do Plan, na súa xuntanza do 20 de xullo de 2017, coa finalidade de simplificar o método de cálculo do custo estándar, subfondo do financiamento estrutural destinado a subvencionar gastos correntes asociados á docencia.
Os créditos asociados a este subfondo, a partir do ano 2017, distribuiranse aplicando un novo módulo económico por crédito computable, unha vez consolidado o procedemento de determinación do custo estándar aplicado ata o momento e realizada a correspondente auditoría externa dos datos manexados.
Deste xeito, cada ano o custo estándar determinarase multiplicando o módulo económico actualizado polos créditos computables correspondentes a cada universidade. O módulo económico evolucionará anualmente conforme o sinalado no punto VIII do Plan galego de financiamento universitario 2016-2020.