Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 23 de xaneiro de 2018 Páx. 4988

III. Outras disposicións

Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2017 pola que se aproba a convocatoria ordinaria para solicitar a avaliación previa á asignación das retribucións adicionais relativas ao complemento de recoñecemento á excelencia curricular e se abre o prazo para a presentación de solicitudes.

O Decreto 55/2004, do 4 de marzo, polo que se establecen as retribucións adicionais vinculadas a méritos individuais docentes, investigadores e de xestión do profesorado universitario, establece no seu articulado a necesidade da aprobación dun protocolo de avaliación por parte da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), como órgano encargado de realizar a valoración previa, da actividade docente, investigadora e de xestión, necesaria para a asignación das retribucións adicionais reguladas polo mencionado decreto.

Por Resolución do 10 de decembro de 2008 da Dirección Xeral de Ordenación e Calidade do Sistema Universitario de Galicia, publícase o convenio de colaboración entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a Consellería de Innovación e Industria, a Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade da Coruña e a Universidade de Vigo, polo que se modifica o convenio do 30 de xaneiro de 2001 para a creación do Consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (DOG do 20 de xaneiro de 2009). A disposición transitoria terceira do citado convenio establece que en tanto a Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación (CGIACA) non adopte os procedementos e protocolos de avaliación, informe, certificación, acreditación e verificación a que fai referencia o artigo 23 dos estatutos, seguiranse aplicando os establecidos polas normas en vigor, en tanto non contradigan o establecido pola Lei orgánica 6/2001, de universidades, na súa redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, pola que se modifica a anterior.

De acordo co anterior, a avaliación das actividades docentes e investigadoras, previa á asignación das retribucións adicionais vinculadas ao recoñecemento da excelencia curricular docente e investigadora dos profesores pertencentes ao Sistema universitario de Galicia, levarase a cabo de acordo co disposto na Orde do 16 de outubro de 2006, pola que se publica o protocolo de avaliación elaborado pola CGIACA, relativo aos criterios e méritos de valoración e os procedementos para solicitar a valoración previa e asignación dos complementos de recoñecemento á excelencia curricular docente e investigadora, e de recoñecemento polos cargos de xestión (DOG do 26 de outubro).

De acordo co establecido no artigo 5.2 da devandita orde, por acordo da CGIACA do 14 de novembro de 2017, establecéronse os méritos que poderán ser obxecto de valoración adicional.

De conformidade co establecido na citada Orde do 16 de outubro de 2006, o Consello de Dirección da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia convocará mediante resolución, a apertura do prazo para a presentación de solicitudes para a asignación dos complementos retributivos.

Por Resolución do 21 de setembro de 2006 (DOG do 3 de outubro) publícanse os acordos do Consello de Dirección da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia polos que se delega na súa presidencia a realización das convocatorias anuais de valoración previa á asignación de complementos retributivos, polo que, en virtude das citadas competencias delegadas,

RESOLVO:

Primeira. Obxecto

Aprobar a convocatoria ordinaria e abrir o prazo de presentación de instancias para solicitar a valoración previa á asignación das retribucións adicionais relativas ao complemento de recoñecemento á excelencia curricular docente e investigadora establecido no artigo 2.3 do Decreto 55/2004, do 4 de marzo, polo que se establecen as retribucións adicionais vinculadas a méritos adicionais docentes, investigadores e de xestión do profesorado universitario (procedemento ED701A).

Segunda. Persoas destinatarias

De conformidade co disposto no artigo 1 do Decreto 55/2004, do 4 de marzo, polo que se establecen as retribucións adicionais vinculadas a méritos adicionais docentes, investigadores e de xestión do profesorado universitario, poderá solicitar a valoración previa á asignación das retribucións adicionais sinaladas na base anterior o persoal docente e investigador funcionario e contratado doutor das universidades públicas que compoñen o Sistema universitario de Galicia (SUG).

Terceira. Requisitos

De conformidade co citado artigo 1 do Decreto 55/2004, do 4 de marzo, o artigo 6.3 da mesma disposición, así como co disposto polo artigo 2.1 da Orde do 16 de outubro de 2006, pola que se publica o protocolo de avaliación elaborado pola Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación (CGIACA), relativo aos criterios e méritos de valoración previa á asignación dos complementos de recoñecemento á excelencia curricular docente e investigadora, e de recoñecemento polos cargos de xestión, para obter a valoración será necesario:

1. Estar integrado no cadro do persoal docente e investigador, como funcionario ou como contratado doutor, de calquera das universidades públicas de Galicia.

Cando o persoal docente e investigador que, cumprindo todos os requisitos para a solicitude do complemento, se atope en situación de servizos especiais ou comisión de servizos, poderá presentar igualmente solicitude para a avaliación do período convocado. Non obstante, os efectos económicos resultantes da devandita avaliación iniciaranse no momento da reincorporación ao seu posto na correspondente institución universitaria.

2. Que a praza do solicitante sexa fixa e estable, tendo superado o correspondente proceso de concurso-oposición establecido na lei.

3. Acreditar polo menos un ano de servizo na súa praza, cumprido en 31 de decembro de 2016.

4. Ter recoñecidos, con efectos do 31 de decembro de 2016, dous quinquenios de docencia pola universidade.

5. Ter recoñecido, con efectos do 31 de decembro de 2016, un sexenio de investigación pola Comisión Nacional Avaliadora da Actividade Investigadora (CNEAI).

6. Valoración positiva dos méritos nos cales se sustente a solicitude, pola Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, de acordo co protocolo de avaliación aprobado para o efecto pola Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación na Orde do 16 de outubro de 2006.

Cuarta. Período de avaliación

1. Os méritos que se valoran estarán comprendidos no período 2012-2016.

Con carácter excepcional, os solicitantes que durante o devandito período desfrutasen de permisos de baixa maternal ou paternal poderán incorporar méritos realizados ao longo dun intervalo temporal idéntico ao de duración da baixa e inmediatamente anterior ao inicio do período de avaliación da presente convocatoria. Neste caso, será necesario incorporar xustificación do goce do referido permiso.

2. De acordo co establecido no artigo 4.3 da Orde do 16 de outubro de 2006, transcorrido un mínimo de tres anos desde a obtención da avaliación e sempre e cando nese período obtivesen un novo tramo docente ou de investigación, os interesados poderán solicitar unha reavaliación. Neste caso os méritos valorables estarán comprendidos igualmente no período 2012-2016. Esta nova avaliación substituirá, para todos os efectos, a anteriormente acadada.

Quinta. Forma e lugar de presentación das solicitudes

1. Os solicitantes deberán cubrir telematicamente a solicitude (anexo III), no modelo dispoñible na aplicación informática da ACSUG á cal se deberá acceder a través da páxina web http://www.acsug.es/convocatorias-abertas.

2. Unha vez cuberta a solicitude do xeito indicado no punto anterior, xerarase o correspondente documento PDF e presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude en formato papel, requiriráselle que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de presentación dos formularios na sede electrónica, poderán dirixirse ao teléfono de información 012 ou enderezo electrónico 012@xunta.gal.

Sexta. Formalización e alegación dos méritos curriculares

A relación de méritos curriculares que se queren avaliar e se aleguen, de entre os aprobados pola CGIACA e recollidos nos anexos I e II da presente resolución formalizaranse no formato dixital dispoñible para o efecto na aplicación informática a que se poderá acceder a través da páxina web http://www.acsug.es/convocatorias-abertas. Só se valorarán os méritos que aparezan alegados deste xeito.

Setima. Documentos necesarios para a tramitación do procedemento

1. Xunto coa solicitude, as persoas interesadas deberán achegar a seguinte documentación:

– Documentación xustificativa dos méritos curriculares que se aleguen.

– Documentación acreditativa, se for o caso, do desfrute de permiso por baixa maternal ou paternal no período 2012-2016.

– Curriculum vitae completo actualizado en calquera dos formatos existentes (ANEP, Dirección Xeral I+D, etc.).

– Outros documentos que a persoa solicitante considere relevantes.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente no espazo dispoñible para o efecto na aplicación informática da ACSUG a que se accederá a través da páxina web http://www.acsug.es/convocatorias-abertas. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle que a emende a través da súa presentación electrónica.

Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda. En calquera caso, esta documentación deberá ser presentada antes de rematar o prazo da convocatoria. De xeito contrario, a documentación non será tida en conta.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

4. Non se admitirá a trámite nin se valorará ningunha documentación xustificativa dos méritos alegados que non cumpran co disposto nesta base.

Oitava. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) DNI/NIE da persoa solicitante.

b) Estar integrado no cadro de persoal docente, como funcionario ou como contratado doutor, de calquera das universidades públicas de Galicia, con praza fixa e estable, tendo superado o correspondente proceso de concurso-oposición establecido na lei, e ter acreditado, polo menos, un ano de servizo na súa praza, cumprido en 31 de decembro de 2016.

c) Número de quinquenios de docencia recoñecidos pola universidade con efectos do 31 de decembro de 2016.

d) Número de sexenios recoñecidos pola Comisión Nacional Avaliadora da Actividade Investigadora (CNEAI), con efectos do 31 de decembro de 2016.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos, do xeito indicado na base quinta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Novena. Tramitación electrónica do procedemento

Os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.

Décima. Notificacións

1. Notificaranse ás persoas interesadas as resolucións e actos administrativos só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. As notificacións electrónicas realizaranse mediante o Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán en ningún caso efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. As notificacións por medios electrónicos entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido. Entenderase rexeitada a notificación cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

4. Se o envío da notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, procederase a practicar a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Décimo primeira. Prazo

O prazo para presentar as instancias solicitando a asignación das retribucións adicionais relativas ao complemento de recoñecemento á excelencia curricular docente e investigadora será de 20 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Décimo segunda. Admisión a trámite e emenda das solicitudes

1. A ACSUG comprobará que as solicitudes presentadas en prazo cumpran cos requisitos establecidos pola Orde do 16 de outubro de 2006 e demais normativa de aplicación, necesarios para admitilas a trámite.

2. A emenda dos defectos apreciados na documentación entregada deberá ser realizada polos interesados no prazo de 10 días hábiles a partir do día seguinte á notificación do requirimento de emenda, consonte o disposto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administro común das administracións públicas. No caso de non atender ao devandito requirimento, entenderase que desisten da súa petición.

3. Unha vez rematado o prazo para a presentación de solicitudes, non se admitirá ningunha documentación xustificativa dos méritos curriculares alegados. As correspondentes avaliacións faranse consonte os xustificantes dos méritos que achegasen os interesados ata ese momento.

4. Sen prexuízo do disposto nos parágrafos anteriores, a ACSUG poderá comprobar os datos alegados, así como aqueles datos académicos e de investigación relevantes para a avaliación, solicitando información para tal efecto ás distintas institucións implicadas. Do mesmo xeito, a ACSUG poderá requirir dos solicitantes as aclaracións e concrecións que considere oportunas en relación cos méritos alegados e xustificados.

Décimo terceira. Procedemento

O procedemento para a tramitación das solicitudes farase de conformidade co regulado na Orde do 16 de outubro de 2006.

Décimo cuarta. Acordos de avaliación

1. De conformidade co establecido no artigo 22 dos estatutos da ACSUG, corresponde á CGIACA a competencia para a emisión das avaliacións a que se fai referencia na base primeira.

2. Os acordos de valoración adoptados pola CGIACA serán notificados a cada solicitante persoal e directamente nos cinco meses seguintes ao peche do prazo de presentación de solicitudes, sen prexuízo do disposto na disposición adicional vixésimo primeira da Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, pola que se modifica a Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades (BOE do 13 de abril). Transcorrido este prazo sen que se dite resolución expresa, as persoas interesadas poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

3. Sen prexuízo do establecido no parágrafo anterior, os acordos de valoración adoptados, cando resulten positivos, serán notificados directamente pola ACSUG ás correspondentes universidades, para que os seus consellos sociais procedan, se for o caso, á asignación singular e individual dos referidos complementos.

Décimo quinta. Recurso

Os acordos adoptados pola CGIACA esgotan a vía administrativa polo que, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, poderán ser obxecto de recurso de reposición ante o mesmo órgano que os ditou ou ser impugnados directamente ante a xurisdición contencioso-administrativa, consonte o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Este recurso, unha vez cuberto, deberá asinarse e presentarse telematicamente consonte o establecido na base na base quinta.

Décimo sexta. Efectos económicos

1. Cando se proceda á asignación do complemento de recoñecemento á excelencia curricular, o pagamento das correspondentes retribucións farase nas cantidades establecidas na Lei 1/2017, do 8 de febreiro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2017, e con efectos retroactivos do 1 de xaneiro de 2017.

2. Os membros dos órganos da ACSUG non poderán solicitar a renovación do complemento mentres se manteñan no desempeño dos seus cargos, polo que se prorrogarán os efectos económicos íntegros do complemento que tivesen recoñecidos ata que se produza o seu cesamento. Producido este, deberán presentarse á reavaliación na primeira convocatoria publicada.

Décimo sétima. Protección de datos de carácter persoal

De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación deste procedemento cuxo tratamento, e publicación nos casos en que así o prevé a norma reguladora, autoricen as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes, serán incluídos nun ficheiro denominado «complementos retributivos» co obxecto de xestionar o presente procedemento, así como para informar as persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento. O órgano responsable deste ficheiro é a Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG). Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a ACSUG, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia. Lamas de Abade, s/n, C.I.F.P. Compostela 5º andar, 15702 Santiago de Compostela (A Coruña) ou a través dun correo electrónico a acsug@acsug.es.

Décimo oitava. Entrada en vigor

A presente resolución producirá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2017

María Patrocinio Morrondo Pelayo
Presidenta do Consello de Dirección da Axencia para a Calidade
do Sistema Universitario de Galicia

ANEXO I
Méritos da actividade docente
Período 2012-2016

Puntuación máxima:

por ítem

Puntuación máxima:

por tipo

1. Amplitude, intensidade, tipo e resultados na docencia no período de cinco anos avaliado (docencia en diplomatura, licenciatura, grao, posgrao, doutoramento ou equivalentes: máx. 10; tipo de docencia: teórica, práctica, dirección de TFG e outras actividades docentes EEES recollidas en POD: máx. 15; diversidade de materias e outras actividades docentes (como por exemplo dirección de TFM, etc.): máx. 10.

35

35

2. Creación de materiais docentes para a docencia universitaria: manuais, unidades didácticas, libros, capítulos de libros, artigos relacionados directamente coa docencia, traducións, software e outro material para a docencia.

20

30

3. Implicación na mellora da actividade docente universitaria1:

30

a) Coordinación de curso.

10

b) Coordinación de grao ou equivalente.

15

c) Coordinación máster ou equivalente.

20

d) Coordinación programas de doutorado.

20

e) Plan de acción titorial.

10

f) Responsable de calidade de centro (PRCC).

10

4. Participación en actividades de formación.

4.1. Actividades de formación docente:

30

a) Dirección de cursos de formación docente de, polo menos, 20 horas.

5

b) Impartición de cursos de formación docente de, polo menos, 4 horas.

10

c) Asistencia a cursos de formación docente de, polo menos, 8 horas.

5

15

4.2. Actividades de formación investigadora:

a) Teses de doutoramento dirixidas e defendidas2.

20

40

b) Impartición de cursos de formación de investigadores.

15

15

5. Actividades de prácticas externas e mobilidade:

30

5.1. Coordinación e titorización de programas de prácticas en empresas e institucións (regulados mediante convenios ou certificación de órgano colexiado académico)1.

15

15

5.2. Coordinación e titorización de proxectos de intercambio de estudantes: Erasmus, Erasmus Mundus, etc.1.

15

15

5.3. Participación dos docentes en programas de intercambios internacionais e/ou interuniversitarios1.

10

20

6. Participación en actividades de innovación docente.

30

6.1. Proxectos competitivos de innovación docente.

15

6.2. Participación en comités de autoavaliación, comités externos de avaliación, comisións de normalización lingüística, comisións de avaliación do profesorado, grupos de innovación docente, etc., de relevancia docente1.

10

7. Outras actividades relacionadas coa docencia1:

20

7.1. Premios e distincións relacionados coa actividade docente.

10

7.2. Participación en actividades docentes por invitación.

5

7.3. Redes docentes.

10

7.4. Actividades de divulgación docente.

5

7.5. Outras actividades.

5

8. Actividades que fomenten o uso do galego na docencia universitaria3.

***

***

9. Valoración da actividade docente universitaria4.

30

9.1. Opinión dos estudantes respecto á docencia impartida polo profesorado.

Media superior a titulación e universidade.

15

Media superior universidade.

10

9.2. Valoración obtida no programa Docentia5.

Excelente.

30

Notable.

25

Aceptable.

20

1 Sempre e cando o seu desempeño non sexa consecuencia da ocupación dun determinado cargo académico.

2 As teses de doutoramento poden ser incluídas tamén como méritos investigadores. O solicitante poderá decidir incluílas na parte de docencia ou na de investigación, pero en ningún caso poderán ser alegadas en ambas polo mesmo solicitante, aínda tratándose de teses diferentes.

3 Tendo en conta que neste punto se poderán presentar méritos de diferentes tipos correspondentes a calquera dos puntos anteriores, o valor máximo será o que corresponda ao tipo de mérito alegado.

4 Deberá optarse por presentar as enquisas de estudantes ou a valoración obtida no programa Docentia. En ningún caso se terán en conta ambos os méritos.

5 Só poderán achegar este mérito os solicitantes que obtivesen a avaliación dunha convocatoria posterior ao 18.5.2011, de xeito que se garanta que se cumpre cos requisitos establecidos no documento «Proceso de certificación dos modelos de avaliación da actividade docente do profesorado universitario (programa Docentia)».

ANEXO II
Méritos da actividade investigadora e de transferencia do coñecemento
Período 2012-2016

Puntuación máxima:

por ítem

Puntuación máxima:

por tipo

1. Actividade investigadora.

1.1. Teses de doutoramento dirixidas e defendidas1.

20

40

1.2. Proxectos/convenios-contratos con empresas-institucións:

60

a) Proxectos competitivos de ámbito internacional.

Dirección

30

Participación

15

b) Proxectos competitivos do plan nacional.

Dirección

20

Participación

10

c) Redes de excelencia do plan nacional.

Dirección/coordinación

20

Participación

10

d) Proxectos competitivos autonómicos.

Dirección

15

Participación

10

e) Axudas á consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas do SUG.

Dirección/coordinación

20

Participación

10

f) Coordinador partner internacional.

20

g) Convenios ou contratos con empresas ou institucións.

Dirección

10

Participación

5

1.3. Participación en congresos, simposios ou equivalentes:

20

a) Impartición de conferencias plenarias ou relatorios por invitación en congresos, simposios ou equivalentes.

15

b) Outras intervencións relevantes.

10

1.4. Organización da investigación:

40

a) Responsable de organización de eventos científicos e culturais de relevancia internacional (comité organizador será unha institución internacional ou de composición internacional).

15

b) Director, editor ou membro de comités de edición ou de redacción de revistas ou editoriais de ámbito internacional.

15

c) Organización/dirección de expedicións científicas, escavacións arqueolóxicas relevantes, etc.

15

d) Premios e distincións relevantes relacionados coa actividade investigadora.

15

e) Outros méritos de investigación.

15

1.5. Mobilidade:

20

Estadías de investigación en centros estranxeiros de prestixio (mínimo 1 mes)2.

4 puntos por mes

1.6. Actividades que fomenten o uso do galego na investigación3.

***

***

2. Transferencia e divulgación do coñecemento.

2.1. Transferencias tecnolóxicas.

15

2.2. Patentes recoñecidas.

15

2.3. Comisario ou organizador de exposicións de relevancia estatal ou internacional.

15

2.4. Informes relevantes.

10

2.5. Estudos relevantes para o desenvolvemento social, económico, científico e cultural de Galicia.

15

2.6. Creación de empresas de base tecnolóxica que supoñan transferencia de tecnoloxía.

20

2.7. Divulgación do coñecemento.

15

2.8. Conferencias e cursos de divulgación científica.

5

10

2.9. Outros méritos de transferencia e divulgación do coñecemento.

15

2.10. Actividades que fomentan o uso do galego na transferencia e divulgación do coñecemento3.

***

***

1 As teses de doutoramento poden ser incluídas tamén como méritos investigadores. O solicitante poderá decidir incluílas na parte de docencia ou na de investigación, pero en ningún caso poderán ser alegadas en ambas partes polo mesmo solicitante, aínda tratándose de teses diferentes.

2 Nesta parte poden incluírse a totalidade das estadías cunha duración mínima dun mes do período que se vai a avaliar. A devandita suma computarase como un só mérito.

3 Tendo en conta que neste punto se poderán presentar méritos de diferentes tipos correspondentes a calquera dos puntos anteriores, o valor máximo será o que corresponda ao tipo de mérito alegado.

missing image file
missing image file