Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 23 de xaneiro de 2018 Páx. 5078

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 2018 pola que se anuncia a contratación, suxeita a regulación harmonizada, do servizo de limpeza de diversos edificios administrativos dependentes desta consellería, polo procedemento aberto, tramitación ordinaria e adxudicación baseada en multicriterios (expediente 2017_040_SXT).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Consellería de Economía, Emprego e Industria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Dirección: Edificio Administrativo San Caetano, s/n; bloque 5, 4º andar.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

4º. Teléfono: 981 54 55 22 e 981 54 55 26.

5º. Telefax: 981 54 01 18.

6º. Correo electrónico: licitacion.industria@xunta.gal

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.xunta.gal/ceei/perfil-do-contratante

8º. Data límite de obtención de documentación e información: o último día de presentación de proposicións.

d) Número de expediente: 2017_040_SXT.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de limpeza de edificios administrativos dependentes da Consellería de Economía, Emprego e Industria e das súas entidades instrumentais, segundo a relación de edificios que figura no anexo I do prego de prescricións técnicas particulares e nas condicións nel expresadas.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: si, 3.

d) Lugar de execución/entrega:

Lote 1: servizo de limpeza do edificio do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia e da Axencia Galega de Innovación, situado na rúa Airas Nunes, s/n, en Santiago de Compostela.

Lote 2: servizo de limpeza dos edificios do CIS Ferrol-Centro de Innovación e Servizos do Deseño e a Tecnoloxía, dependente da Axencia Galega de Innovación, situado na Cabana, s/n, Ferrol.

Lote 3: servizo de limpeza do edificio do CIS Madeira-Centro de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira de Galicia, dependente da Axencia Galega de Innovación, situado na Avenida de Galicia, 5 (Parque Tecnolóxico de Galicia), en San Cibrao das Viñas (Ourense).

e) Prazo de execución/entrega: vinte e catro meses contados a partir do día seguinte ao da data de formalización do contrato.

f) Admisión de prórroga: si.

g) Establecemento dun acordo marco: non.

h) CPV (referencia de nomenclatura): 90911200-8 servizo de limpeza de edificios; 90914000-7 servizo de limpeza de aparcadoiros; 90919200-3 servizo de limpeza de oficinas.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os sinalados na cláusula J da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

4. O importe total do valor estimado do contrato de cada un dos lotes é o seguinte (importes sen IVE do contrato inicial, da posible prórroga e das modificacións previstas):

Lote 1: 374.230,28 euros.

Lote 2: 156.123,51 euros.

Lote 3: 65.661,17 euros.

5. Orzamento base de licitación.

a) Lote 1. Importe neto: 143.934,72 euros. Importe total: 174.161,01 euros.

b) Lote 2. Importe neto: 60.047,50 euros. Importe total: 72.657,48 euros.

c) Lote 3. Importe neto: 25.254,30 euros. Importe total: 30.557,70 euros.

6. Garantías exixidas.

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE, individualizada para cada un dos lotes.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación do contratista: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: deberá acreditarse nos termos establecidos nas cláusulas F e G da folla de especificacións do PCAP.

c) Outros requisitos específicos: non.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 19 de febreiro de 2018.

b) Modalidade de presentación: segundo o disposto na cláusula R da folla de especificacións e na cláusula 6, ambas as dúas do PCAP.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: oficina do Rexistro Xeral da Xunta de Galicia.

2º. Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

4º. Enderezo electrónico: rexistroxeral@xunta.gal

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: durante os prazos sinalados nos parágrafos 2 e 3 do artigo 161 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público (TRLCSP).

9. Apertura de ofertas (sobres A, B e C).

a) Descrición:

Apertura dos sobres A: acto non público de cualificación da documentación xeral administrativa pola mesa de contratación.

Apertura dos sobres B: apertura en acto público da documentación relativa aos criterios non avaliables de forma automática.

Apertura dos sobres C: apertura en acto público da documentación relativa aos criterios avaliables mediante fórmulas.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n; bloque 5, 4º andar.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Data e hora: indicaranse no perfil do contratante a data e a hora da apertura dos sobres B e C.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario os gastos de publicación no DOG e no BOE.

11. Data do envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 9 de xaneiro de 2018.

12. Outras informacións.

Para os efectos de comprobar o estrito cumprimento dos pagamentos que o contratista adxudicatario ha de facer aos posibles subcontratistas, o contratista remitiralle ao órgano de contratación, no caso de que llo solicite, a documentación citada na cláusula 17 do PCAP. As obrigas, tanto de presentar a dita documentación como a do cumprimento dos prazos de pagamento ao/aos subcontratista/s, consideraranse condicións esenciais de execución e o seu incumprimento dará lugar á aplicación das penalizacións establecidas na cláusula 12.3.b) do PCAP.

Poden obterse os pregos na páxina:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=249856

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2018

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria
P.D. (Orde do 10.6.2016)
Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria