Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 23 de xaneiro de 2018 Páx. 5083

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 26 de decembro de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de notificación de procedementos de caducidade de dereitos mineiros.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), logo de intentada a notificación persoal de acordo co artigo 40 da citada Lei 39/2015 sen que esta se puidese efectuar, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE (Boletín Oficial del Estado), ante a Sección de Minas da Xefatura Provincial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Pontevedra, con domicilio na avenida Fernández Ladreda, 43, 36003 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 26 de decembro de 2017

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Interesada

NIF

Acto notificado

Granitos Penalonga, S.L.

B32224750

Resolución de caducidade parcial e abandono definitivo de labores do permiso de investigación Carbelo PO/C/02783, nos termos municipais de Crecente (Pontevedra) e Melón (Ourense)

Pontevex, S.L.

B36746626

Resolución de caducidade e abandono definitivo de labores da concesión de explotación derivada de permiso de investigación Estrella PO/C/02489, no termo municipal de Campo Lameiro (Pontevedra)