Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 23 de xaneiro de 2018 Páx. 5070

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (536/2016).

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 536/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fundación Laboral de la Construcción contra Keltia Negocios, S.L. sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Sentenza nº 522/2017.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2017.

Visto por min, María Sánchez Galindo, xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, o estado procesual que manteñen as presentes actuacións, rexistradas ante este órgano xudicial como PO (en materia de reclamación de cantidades, concretamente reclamación de diferenzas salariais) baixo o número 536/2016, en que é parte demandante a Fundación Laboral de la Construcción, asistida pola procuradora dos tribunais Sra. Fernández Durán, e parte demandada a mercantil Keltia Negocios, S.L., que non comparece ao acto de xuízo a pesar de constar citada en legal forma e tempo en unidade de autos, en nome do rei dito a presente sentenza con base nos seguintes

Resolución:

Que debo estimar e estimo a demanda presentada por Fundación Laboral de la Construcción, representada pola procuradora dos tribunais Sra. Fernández Durán, fronte á empresa Keltia Negocios, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a empresa demandada a aboar á fundación demandante a cantidade de 404,51 euros en concepto de achega acordada no convenio aplicable e devindicada desde o mes de marzo de 2014 ata o mes de decembro de 2014, xunto coa porcentaxe do 20 % en concepto de recarga por mora no pagamento da achega, ex artigo 114 do convenio xeral do sector da construción aplicable.

Que, así mesmo, debo condenar e condeno a empresa demandada a aboar as custas por temeridade causadas nesta instancia, ex artigo 66.3 da Lei reguladora da xurisdición social.

Notifíquese a presente sentenza ás partes interesadas, coa advertencia de que é firme e contra ela non cabe interpor recurso de suplicación, de acordo co disposto no artigo 191.2.g) da Lei reguladora da xurisdición social.

Así, por esta miña sentenza, da que se unirá testemuño literal aos autos orixinais, María Sánchez Galindo, xuíza substituta do Xulgado do Social 3 de Santiago de Compostela, o pronuncia, manda e asina.

A xuíza substituta.

E para que sirva de notificación en legal forma a Keltia Negocios, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza