Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 22 de xaneiro de 2018 Páx. 4722

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (509/2017).

Eu, Rafael González Alió, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento ordinario número 509/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Andrea Cambiazo de Pedro contra a entidade Rocha y Blanco, S.L. e o Fogasa, sobre reclamación de cantidade, expediuse a seguinte cédula de citación:

«Cédula de citación

Tribunal que ordena citar: Xulgado do Social número 1.

Asunto en que se acorda: procedemento ordinario 509/2017.

Persoa que se cita: Rocha y Blanco, S.L., Fondo de Garantía Salarial, como parte/s demandada/s.

Obxecto da citación

Asistir nesa condición ao/aos acto/s de conciliación e, se é o caso, xuízo, concorrendo a tales actos coas probas de que intente valerse e tamén, se a parte contraria o pide, e o admite o tribunal, contestar as preguntas que se lle formulen na práctica da proba de interrogatorio.

Lugar, día e hora en que debe comparecer

Deben comparecer o día 15.1.2020, ás 11.15 horas, na planta 4, sala 9, Edificio dos Xulgados, ao acto de conciliación ante o/a letrado/a da Administración de xustiza e, en caso de non avinza, o día 15.1.2020, ás 11.15 horas, na planta 4, sala 9, Edificio dos Xulgados, ao acto de xuízo.

Prevencións legais

1º. A non comparecencia da demandada, debidamente citada, non impedirá a celebración dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo, continuando este sen necesidade de declarar a súa rebeldía (artigo 83.3 da LXS).

2º. Fáiselle saber que a parte demandante indicou que acudirá ao acto do xuízo con avogado para o seu defensa e/ou representación, procurador ou graduado social para a súa representación, o que se lle comunica para os efectos oportunos.

3º. Debe asistir ao xuízo con todos os medios de proba de que intente valerse (artigo 82.3 da LXS) e, no caso de que se admita a proba de interrogatorio, solicitada pola outra parte, deberá comparecer e contestar ao interrogatorio ou, no caso contrario, poderán considerase recoñecidos como certos na sentenza os feitos a que se refiren as preguntas, sempre que o interrogado tiver intervido neles persoalmente e a súa fixación como certos lle resulte prexudicial en todo ou en parte.

Conforme dispón o artigo 91.3 da LXS, o interrogatorio das persoas xurídicas practicarase con quen legalmente as representen e teña facultades para responder a tal interrogatorio.

Se o representante en xuízo non interviñese nos feitos deberá achegar a xuízo a persoa coñecedora directa destes. Con tal fin, a parte interesada poderá propoñer a persoa que deba someterse ao interrogatorio xustificando debidamente a necesidade de tal interrogatorio persoal.

Poderán, así mesmo, solicitar, polo menos con cinco días de antelación á data do xuízo, aquelas probas que, tendo que practicarse neste, requiran dilixencias de citación ou requirimento (artigo 90.3 da LXS).

4º. Advírteselle que a parte demandante solicitou como probas:

O seu interrogatorio como demandada.

Para tal efecto, indícaselle que se non comparece se poderán ter por certos os feitos da demanda en que interviñese persoalmente e lle resultaren en todo ou en parte prexudiciais (artigo 91.2 da LXS).

5º. Debe comunicar a esta oficina xudicial un domicilio para a práctica de actos de comunicación e calquera cambio de domicilio que se produza durante a substanciación deste proceso, cos apercibimentos do artigo 53.2 da LXS (artigo 155.5, parágrafo 1º, da LAC) facéndolle saber que, en aplicación de tal mandato, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación.

O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados, así mesmo deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

6º. Tamén deberá comunicar, e antes da súa realización, a existencia dalgunha causa legal que xustifique a suspensión dos actos de conciliación e/ou de xuízo a que é convocado (artigo 183 da LAC).

7º. As partes poderán formalizar conciliación en evitación do proceso por medio de comparecencia ante a oficina xudicial, sen esperar á data de sinalamento, así como someter a cuestión aos procedementos de mediación que puidesen estar constituídos de acordo co disposto no artigo 63 desta lei, sen que iso supoña a suspensión salvo que de común acordo o soliciten ambas as partes, xustificando a submisión á mediación e polo tempo máximo establecido no procedemento correspondente que non poderá exceder quince días.

Lugo, 31 de xullo de 2017

O/a letrado/a da Administración de xustiza».

Advírtese á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de citación á entidade Rocha y Blanco, S.L., expídese o presente.

Lugo, 30 de novembro de 2017

O letrado da Administración de xustiza