Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 22 de xaneiro de 2018 Páx. 4718

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (658/2014).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 658/2014 por instancia de Carlos Cerqueiro Gesto contra o Servizo Público de Emprego Estatal, a empresa Kedis Parrillada, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre desemprego, nos cales se ditou sentenza o 4.12.2017 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolución

Desestímase a demanda interposta por Carlos Cerqueiro Gesto fronte ao Servizo Público de Emprego Estatal e absólvese a devandita entidade das pretensións de condena fronte a ela exercidas.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado, ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Kedis Parrillada, S.L.U. expido e asino a presente.

A Coruña, 18 de decembro de 2017

A secretaria xudicial