1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Consellería de Infraestruturas e Vivenda.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.
c) Obtención de documentación e información:
1º. Dependencia: Servizo de Contratación e Apoio Administrativo.
2º. Domicilio: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n.
3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.
4º. Teléfono: 981 54 43 23.
5º. Telefax: 981 54 43 66.
6º. Correo electrónico: contratacion.civ@xunta.es
7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:
http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=249387
8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata as 19.00 horas do último día de presentación de ofertas.
d) Número de expediente: 4/2018 M.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: obra.
b) Descrición: contratación da obra da terminal de autobuses integrada na estación intermodal de Santiago de Compostela, cofinanciada nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. OT4 PI04.05. OE04.05.01.
c) Prazo de execución: 18 meses.
d) Admisión de prórroga: non.
e) CPV (referencia de nomenclatura): 45213310-9.
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto, suxeito a regulación harmonizada.
c) Criterios de adxudicación: os especificados no número 3.6.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.
4. Valor estimado do contrato: 8.762.725,65 €.
5. Orzamento base de licitación:
a) Importe neto: 8.590.907,50 €. Importe total: 10.394.988,08 €.
b) Garantías exixidas:
Definitiva: 5 % do orzamento base de licitación, IVE excluído: 429.545,38 €.
6. Requisitos específicos do contratista:
a) Clasificación: grupo C, categoría 6.
7. Presentación de ofertas:
a) Data límite de presentación: 26 de febreiro de 2018, ás 19.00 horas.
b) Modalidade de presentación: a sinalada no número 3.4 do prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación:
1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia.
2º. Domicilio: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n.
3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.
d) Admisión de variantes: non.
e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura de proposicións. O devandito prazo ampliarase en quince días hábiles cando sexa necesario seguir os trámites a que se refire o artigo 152.3 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.
8. Apertura de ofertas:
a) Descrición: apertura pública.
b) Enderezo: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.
d) Data e hora: publicaranse no perfil do contratante a data e a hora da apertura dos sobres B e C.
9. Subcontratación: de acordo co establecido no número 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.
10. Gastos de publicidade: o importe dos gastos de publicidade será por conta do adxudicatario.
11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de las Comunidades Europeas: 15 de xaneiro de 2018.
Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2018
Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Vivenda