Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 22 de xaneiro de 2018 Páx. 4754

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 27 de decembro de 2017, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, polo que se someten a información pública varias solicitudes de inclusión no Catálogo galego de árbores senlleiras.

O artigo 4 do Decreto 67/2007, do 22 de marzo, polo que se regula o Catálogo galego de árbores senlleiras, modificado polo Decreto 10/2015, do 22 de xaneiro, polo que se modifica o Decreto 67/2007, do 22 de marzo, polo que se regula o Catálogo galego de árbores senlleiras, establece o procedemento de catalogación e descatalogación de exemplares e formacións.

As seguintes solicitudes de inclusión de exemplares e formacións no Catálogo galego de árbores senlleiras foron realizadas polas persoas interesadas de acordo con ese procedemento:

Rexistro de entrada: 142576/RX2714564.

Data: 6.11.2017.

Solicitante: María Consuelo Fernández de Dios (Asociación Naturalista do Baixo Miño).

Especie: Dicksonia antarctica Labill.

Localidade: Regato de Vilar.

Concello: Oia.

Provincia: Pontevedra.

Rexistro de entrada: 119756/RX2849269.

Data: 20.11.2017.

Solicitante: Rubén Iglesias Seoane.

Especie: Quercus robur L.

Localidade: San Mamede de Lousada.

Concello: Guntín.

Provincia: Lugo.

Rexistro de entrada: 123752/RX2948013.

Data: 30.11.2017.

Solicitante: Claudia Rus Rodríguez.

Especie: Quercus robur L.

Localidade: Muimenta.

Concello: Cospeito.

Provincia: Lugo.

Rexistro de entrada: 18210/RX3034598.

Data: 12.12.2017.

Solicitante: Beatriz Piñeiro Lago.

Especie: Pinus pinea L.

Localidade: Pazo Quinteiro da Cruz.

Concello: Ribadumia.

Provincia: Pontevedra.

Rexistro de entrada: 18211/RX3034622.

Data: 12.12.2017.

Solicitante: Beatriz Piñeiro Lago.

Especie: Arbutus unedo L.

Localidade: Pazo Quinteiro da Cruz.

Concello: Ribadumia.

Provincia: Pontevedra.

Rexistro de entrada: 18212/RX3034623.

Data: 12.12.2017.

Solicitante: Beatriz Piñeiro Lago.

Especie: Buxus sempervirens L.

Localidade: Pazo Quinteiro da Cruz.

Concello: Ribadumia.

Provincia: Pontevedra.

Rexistro de entrada: 18294/RX3045839.

Data: 13.12.2017.

Solicitante: Beatriz Piñeiro Lago.

Especie: Camellia japonica L.

Localidade: Pazo Quinteiro da Cruz.

Concello: Ribadumia.

Provincia: Pontevedra.

O artigo 4.4 do Decreto 67/2007, do 22 de marzo, establece que as solicitudes de catalogación ou descatalogación de exemplares e formacións e a documentación presentada xunto a elas se someterán ao trámite de información pública por un prazo de vinte días, para os efectos de que os interesados poidan presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.

En consecuencia, ábrese un período de información pública das solicitudes de catalogación mencionadas neste anuncio, e a documentación presentada xunto a elas, durante un prazo de 20 días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, coa finalidade de que aqueles interesados que se consideren directamente afectados poidan remitir observacións e opinións por escrito, ou ben a través do enderezo de correo electrónico: dxpn.cmot@xunta.gal, poñendo no asunto «Información pública árbores senlleiras».

Durante o citado prazo, a documentación correspondente poderá ser examinada nos seguintes lugares:

– Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

– Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio de Lugo, rolda da Muralla, 70, 27071 Lugo.

– Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio de Pontevedra, avenida Fernández Ladreda, 43-4º, 36071 Pontevedra.

Durante ese mesmo período poderase consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio (http://cmaot.xunta.gal/seccion-organizacion/c/CMAOT_DX_Conservacion_Natureza?content=Direccion_Xeral_Conservacion_Natureza/Biodiversidade/seccion.html&std=expedientes_senlleiras.html&sub=Arbores_senlleiras/) a información dos expedientes que non se corresponda con datos de carácter persoal (Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal).

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2017

Ana María Díaz López
Directora xeral de Patrimonio Natural