Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 19 de xaneiro de 2018 Páx. 4300

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se dá publicidade de varias encomendas de xestión á Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., filial do medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., para executar durante os anos 2018 e 2019.

De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade ás seguintes encomendas de xestión:

1. Resolución do 14 de decembro de 2017, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A. (Tragsatec) a realización dun servizo de asesoramento económico para as axudas solicitadas a través das medidas 4.1.2 e 4.1.3 do Fondo Marítimo e de Pesca 2014-2020 (en diante, FEMP), anualidade 2018, tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: traballos de apoio na xestión do denominado «Desenvolvemento sustentable das zonas de pesca do FEMP 2014-2020», proporcionando asesoramento económico na xestión das solicitudes de axuda presentadas a través das medidas 4.1.2 e 4.1.3 do FEMP.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., filial da Empresa de Transformación Agraria, S.A., a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes, da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2018 ata o 15 de decembro de 2018.

– Financiamento: tramitación anticipada con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018, aplicación orzamentaria 14.02.723A.640.1 e con código de proxecto 2016 00287. Cofinanciada polo FEMP nun 75 %, na Medida 7 (asistencia técnica).

2. Resolución do 14 de decembro de 2017, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A. (Tragsatec) a realización dun servizo de apoio técnico para o desenvolvemento dun sistema de control e verificación en relación co cumprimento das intervencións comunitarias cofinanciadas polo FEMP na Comunidade Autónoma de Galicia durante o período 2014-2020, tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: prestación dun servizo de apoio para a realización de controis de verificación dos sistemas e procedementos adoptados para garantir o correcto cumprimento dos proxectos e para satisfacer os requisitos establecidos no artigo 125 do Regulamento 1303/2013.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., filial da Empresa de Transformación Agraria, S.A., a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2018 ata o 31 de decembro de 2019.

– Financiamento: tramitación anticipada con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018, aplicación orzamentaria 14.02.723A.640.1 e con código de proxecto 2016 00287, e a correspondente aplicación para o ano 2019. Cofinanciada polo FEMP nun 75 %, na Medida 7 (asistencia técnica).

3. Resolución do 14 de decembro de 2017, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A. (Tragsatec) a realización dun servizo de asistencia técnica para o apoio técnico e administrativo ao FEMP 2014-2020, tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: traballos de apoio técnico e administrativo na tramitación dos expedientes do FEMP 2014-2020.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., filial da Empresa de Transformación Agraria, S.A., a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2018 ata o 31 de decembro de 2019.

– Financiamento: tramitación anticipada con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018, aplicación orzamentaria 14.02.723A.640.1 e con código de proxecto 2016 00287, e a correspondente aplicación para o ano 2019. Cofinanciada polo FEMP nun 75 %, na Medida 7 (asistencia técnica).

4. Resolución do 14 de decembro de 2017, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A. (Tragsatec) a realización dun estudo de viabilidade técnica dos proxectos subvencionables a través do FEMP 2014-2020, tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: fixación dos criterios técnicos para a realización das tarefas necesarias para o estudo da viabilidade e o cálculo dos investimentos máximos subvencionables dos proxectos para os que se solicita financiamento a través do FEMP.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., filial da Empresa de Transformación Agraria, S.A., a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2018 ata o 31 de decembro de 2019.

– Financiamento: tramitación anticipada con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018, aplicación orzamentaria 14.02.723A.640.1 e con código de proxecto 2016 00287, e a correspondente aplicación para o ano 2019. Cofinanciada polo FEMP nun 75 %, na Medida 7 (asistencia técnica).

Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 2018

Mª Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar