Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 19 de xaneiro de 2018 Páx. 4147

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

EXTRACTO da Orde do 15 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras dos premios á cooperación e se procede á súa convocatoria para o ano 2018.

BNDS (identif.): 381164.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 11 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións
(http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans).

Primeiro. Beneficiarias

Poden participar nos premios á cooperación as cooperativas galegas que realizasen un destacado labor no eido do cooperativismo.

Segundo. Obxecto e finalidade

Os premios á cooperación teñen como finalidade fomentar e difundir o cooperativismo, os seus principios e valores, así como recompensar publicamente o labor que as cooperativas veñen realizando a prol do desenvolvemento do movemento cooperativo na Comunidade Autónoma galega.

Outorgaranse premios nas seguintes categorías:

– Premio aos valores cooperativos, á cooperativa galega que máis destacase no impulso dos valores e principios cooperativos.

– Premio ao mellor proxecto cooperativo novo, á cooperativa galega que na data de publicación da convocatoria teña unha antigüidade igual ou menor a corenta e dous meses e que destaque nas súas achegas nos aspectos sociais, económicos, culturais ou ambientais.

– Premio á traxectoria cooperativa, á cooperativa galega que na data de publicación da convocatoria teña unha antigüidade maior de corenta e dous meses e que destacase pola súa traxectoria no ámbito económico e social.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 15 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras dos premios á cooperación e se procede á súa convocatoria para o ano 2018
(http://www.emprego.ceei.xunta.gal)

Cuarto. Contía

O orzamento total ascende a quince mil euros (15.000,00 €).

Outorgarase un premio de cinco mil euros (5.000,00 €) en cada unha das categorías.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación das solicitudes remata o 30 de abril de 2018. Non obstante, se o período de presentación resulta inferior a un mes, as solicitudes poderán presentarse no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2017

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria