Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 19 de xaneiro de 2018 Páx. 4400

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 29 de decembro de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, de notificación da convocatoria para o levantamento de actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación E/S da LAT 132 kV Porzún-Mondoñedo na subestación de Barreiros.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación, ou ben intentada esta, non se puidese practicar, a notificación farase por medio dun anuncio publicado no BOE» mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas no acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados polas instalacións da liña eléctrica denominada E/S da LAT 132 kV Porzún-Mondoñedo na subestación de Barreiros que terá lugar na Casa do Concello de Barreiros como punto de reunión, segundo o calendario e os datos que se sinalan no anexo que se xunta.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si mesmos ou representados por persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF así como os documentos que acrediten a titularidade que invocan.

Lugo, 29 de decembro de 2017

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: 004/2016 A.T.

Entidade beneficiaria: Viesgo Distribución Eléctrica, S.L.

Denominación: E/S da LAT 132 kV Porzún-Mondoñedo na subestación de Barreiros.

Concello: Barreiros.

Predio

Polígono

Parcela

Titular

Data do acto

Hora

18

65

166

Monte Comunal San Cosme de Barreiros

12.2.2018

10.00