Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 19 de xaneiro de 2018 Páx. 4401

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 18 de decembro de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2017493AL-PO por infracción en materia de seguridade alimentaria.

O 22 de novembro de 2017, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra ditou acordo de inicio do expediente sancionador núm. 2017493AL-PO, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra, a Gastro Sanxenxo, S.L.U., con NIF B94153541, como titular do establecemento Evolet.

Tras intentar a notificación deste acordo consonte o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non se puido efectuar, polo que mediante esta cédula se lle notifica a Gastro Sanxenxo, S.L.U., como titular do establecemento Evolet, o contido do dito acordo, que figura no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para o seu coñecemento.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste, ao abeiro do disposto no artigo 76 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, e lémbraselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra, no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, rúa Fernández Ladreda, núm. 43, 1º andar, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto no artigo 53.1.a) da dita lei.

Notifícaselle tamén que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio poderá ser considerado proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, consonte o artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Advírtese que antes da resolución do procedemento ten dereito ás reducións establecidas no artigo 85 da Lei 39/2015.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

Pontevedra, 18 de decembro de 2017

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número do expediente: 2017493AL-PO.

Denunciada: Gastro Sanxenxo, S.L.U., con NIF B94153541, como titular do establecemento Evolet.

Último enderezo coñecido: praia do Bao, núm. 2, 36626 A Illa de Arousa.

Feito imputado: suposta infracción en materia de seguridade alimentaria.

Preceptos presuntamente infrinxidos:

Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, relativo á hixiene dos produtos alimenticios.

• Artigos 3, 4 e 5.

• Anexo II: capítulo 1 puntos 1, 2, 10; capítulo 2 punto 1.a); capítulo 5 e capítulo 12.

• Artigo 9 do Regulamento 1169/2011, do 25 de outubro, sobre a información alimentaria facilitada ao consumidor.

Tipificación: unha infracción administrativa tipificada como leve no artigo 51 punto 1 da Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición.

Sanción proposta: trescentos euros (300,00 €).