Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 19 de xaneiro de 2018 Páx. 4447

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2017 pola que se fai pública a formalización do contrato de servizo de limpeza das dependencias deste instituto en Santiago de Compostela, Lugo, Ourense e Pontevedra (expediente IGVS02-17).

1. Entidade adxudicadora:

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: servizo de limpeza das dependencias do IGVS en Santiago de Compostela, Lugo, Ourense e Pontevedra (expediente IGVS02-17).

b) Prazo de execución: 2 anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, suxeito a regulación harmonizada.

c) Forma: multicriterio, por lotes separados.

4. Orzamento base de licitación:

Lote 1. Servizo de limpeza nas dependencias do IGVS en Santiago de Compostela.

a) Importe neto: douscentos oitenta e un mil trescentos oitenta e nove euros (281.389,00 €).

b) IVE (21 %): cincuenta e nove mil noventa e un euros con sesenta e nove céntimos (59.091,69 €).

c) Importe total: trescentos corenta mil catrocentos oitenta euros con sesenta e nove céntimos (340.480,69 €).

Lote 2. Servizo de limpeza nas dependencias do IGVS en Lugo.

a) Importe neto: sesenta e sete mil seiscentos vinte e catro euros con vinte e sete céntimos (67.624,27 €).

b) IVE (21 %): catorce mil douscentos un euros con dez céntimos (14.201,10 €).

c) Importe total: oitenta e un mil oitocentos vinte e cinco euros con trinta e sete céntimos (81.825,37 €).

Lote 3. Servizo de limpeza nas dependencias do IGVS en Ourense.

a) Importe neto: cincuenta e tres mil catrocentos oitenta e dous euros con vinte céntimos (53.482,20 €).

b) IVE (21 %): once mil douscentos trinta e un euros con vinte e seis céntimos (11.231,26 €).

c) Importe total: sesenta e catro mil setecentos trece euros con corenta e seis céntimos (64.713,46 €).

Lote 4. Servizo de limpeza nas dependencias do IGVS en Pontevedra.

a) Importe neto: cento dez mil cento vinte e oito euros con vinte céntimos (110.128,20 €).

b) IVE (21 %): vinte e tres mil cento vinte e seis euros con noventa e dous céntimos (23.126,92 €).

c) Importe total: cento trinta e tres mil douscentos cincuenta e cinco euros con doce céntimos (133.255,12 €).

5. Formalización do contrato:

– Data de adxudicación: 30 de novembro de 2017.

– Lote 1. Servizo de limpeza nas dependencias do IGVS en Santiago de Compostela:

• Data de formalización do contrato: 26 de decembro de 2017.

• Contratista: ISS Facility Services, S.A.

• Importe de adxudicación: douscentos sesenta e oito mil setecentos corenta euros (268.740,00 €).

– Lote 2. Servizo de limpeza nas dependencias do IGVS en Lugo:

• Data de formalización do contrato: 26 de decembro de 2017.

• Contratista: Limpiezas San Froilán, S.L.U.

• Importe de adxudicación: cincuenta e seis mil cento oitenta e oito euros con oito céntimos (56.188,08 €).

– Lote 3. Servizo de limpeza nas dependencias do IGVS en Ourense:

• Data de formalización do contrato: 26 de decembro de 2017.

• Contratista: Limpergal, S.L.

• Importe de adxudicación: cincuenta mil catrocentos oitenta euros (50.480,00 €).

– Lote 4. Servizo de limpeza nas dependencias do IGVS en Pontevedra:

• Data de formalización do contrato: 26 de decembro de 2017.

• Contratista: Servicios Auxiliares de Mantenimiento y Limpieza, S.L.

• Importe de adxudicación: cento oito mil euros (108.000,00 €).

– Vantaxes das ofertas adxudicatarias: oferta economicamente máis vantaxosa ao ter obtido a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen o procedemento.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2017

A presidenta do Instituto Galego da Vivenda e Solo
P.D. (Resolución do 23.6.2010)
Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo