Despois de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.
O acto foi adoptado polo director xeral do IGVS.
A comparecencia para coñecer o contido íntegro do dito acto deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Alcalde Hevia, 7, andar 4º, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Pontevedra, 1 de decembro de 2017
María Martínez Allegue
Xefa da Área Provincial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: 36-BONAL-154/2017.
Persoa interesada: José Gonçalves-Ferreira Leinga.
NIF: ...333C.
Asunto: notificación en relación co procedemento bono de alugueiro social do Plan RehaVIta. Participación no programa de subvencións.
Expediente: 36-BONAL-116/2017.
Persoa interesada: Purificación Alonso Costas.
NIF: ...940P.
Asunto: notificación en relación co procedemento bono de alugueiro social do Plan RehaVIta. Participación no programa de subvencións.
Expediente: 36-BONAL-131/2016.
Persoa interesada: Juan Alberto Carreiro Gómez.
NIF: ...512Z.
Asunto: notificación en relación co procedemento bono de alugueiro social do Plan RehaVIta. Participación no programa de subvencións.