Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 19 de xaneiro de 2018 Páx. 4407

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 21 de decembro de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2017512AM-PO por infraccións en materia de sanidade ambiental.

O 30 de novembro de 2017 a xefa territorial de Pontevedra ditou o acordo de inicio do expediente sancionador núm. 2017512AM-PO, incoado a Hotel Residencia O Pazo, con CIF B36802577.

Tras intentar a notificación deste acordo consonte o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non puido practicarse, polo que mediante esta cédula se notificase a Hotel Residencia O Pazo o contido do dito acordo, que figura no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para o seu coñecemento.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no artigo 76 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, e lémbraselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra, no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, avenida Fernández Ladreda, núm. 43-1º andar, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto no artigo 53.1.a) da dita lei.

Notifícaselle tamén que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio poderá ser considerado proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, consonte o artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Advírteselle de que antes da resolución do procedemento ten dereito ás reducións establecidas no artigo 85 da Lei 39/2015.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

Pontevedra, 21 de decembro de 2017

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número de expediente: 2017512AM-PO.

Denunciado: Hotel Residencia O Pazo.

CIF: B36802577.

Enderezo: r/ Campos, núm. 11, Matamá, 36213 Vigo.

Feito imputado: supostas infraccións en materia de sanidade ambiental.

Preceptos presuntamente infrinxidos:

Artigos 5 e 8 do Real decreto 865/2003, do 4 de xullo, polo que se establecen os criterios hixiénicos-sanitarios para a prevención e control da lexionelose.

Tipificación: unha infracción administrativa tipificada como grave no artigo 14.2.d) do Real decreto 865/2003, do 4 de xullo, polo que se establecen os criterios hixiénico-sanitarios para a prevención e control da lexionelose.

Sanción proposta: tres mil cinco euros con sete céntimos de euro (3.005,07 €).