Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 18 de xaneiro de 2018 Páx. 4057

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 27 de decembro de 2017, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se fai público o apercibimento pola situación de abandono da explotación La Saleta número 305, sita no termo municipal de Boborás (A Pontenova, Fondo de Vila, Astureses) (Ourense).

Á vista dos datos que se encontran na Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria e do resultado das inspeccións realizadas en varias ocasións polos técnicos facultativos adscritos a esta, ponse en coñecemento que a explotación número 305 La Saleta sita no termo municipal de Boborás, provincia de Ourense, da que é titular a mercantil Canteras Graníticas La Saleta, S.L., con último enderezo social coñecido en Fondo de Vila, s/n, 32514 Boborás (Ourense), se encontra na situación de abandono, sen que se adoptaran as medidas de seguridade para o peche e clausura definitivos desta, segundo o establecido no artigo 88 da Lei 22/1973, do 21 de xullo, de minas e o artigo 112 do Real decreto 2857/1978, do 25 de agosto, polo que se aproba o Regulamento xeral para o réxime da minaría.

Dado que a situación de embargo na que se atopa a empresa non exime o titular das súas obrigas en materia de seguridade, requíreselle que, no prazo de 30 días, presente un proxecto para o abandono dos labores no que se recollan as medidas precisas para garantir a seguridade das persoas e bens segundo o previsto na Orde do 22 de marzo de 1998 pola que se aproba a instrución técnica complementaria ITC 13.0.01 Suspensión e abandono de labores do Regulamento xeral de normas básicas de seguridade mineria (BOE núm. 85, do 8 de abril) e proceda a execución da restauración.

De non dar cumprimento a este requirimento, adoptarase o pertinente acordo de execución subsidiaria para adoptar as medidas de seguridade que se consideren necesarias para salvaguardar os intereses e seguridade de terceiros, con posterior reintegro dos gastos polo titular sen prexuízo das sancións administrativas e as responsabilidades nas que se poida incorrer segundo a Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenacion da minaría de Galicia (BOE, núm. 165, do 9 de xullo).

Intentada a notificación ao interesado anteriormente citado por esta Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria en Ourense, prevista no artigo 42 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracions públicas, do deber de presentar o regulamentario proxecto e ao non ser posible por domicilio descoñecido, procédese á súa publicación en aplicación do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Ourense, 27 de decembro de 2017

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense