Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 18 de xaneiro de 2018 Páx. 3845

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 26 de decembro de 2017 pola que se desenvolven determinados aspectos das axudas destinadas á reparación dos danos en establecementos comerciais, mercantís e industriais afectados polos incendios no ámbito da competencia desta consellería.

Advertido un erro na referida orde, publicada no DOG nº 7, do 10 de xaneiro de 2018, procede facer a seguinte corrección:

Na páxina 1713, no punto cuarto, onde di:

«Será necesario que o asinante da solicitude sexa o titular da actividade ou teña a representación legal da empresa ou entidade solicitante. No caso de representación, esta deberá ser individual ou solidaria, de xeito que coa súa sinatura abonde para acreditar a vontade do solicitante».

Debe dicir:

«Será necesario que o asinante da solicitude sexa o titular da actividade ou teña a representación legal da empresa ou entidade solicitante, incluídas aquelas referidas no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, que carezan de personalidade xurídica independente. No caso de representación, esta deberá ser individual ou solidaria, de xeito que coa súa sinatura abonde para acreditar a vontade do solicitante».