Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 17 de xaneiro de 2018 Páx. 3819

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO de exposición pública da aprobación inicial da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal número 4.

O Concello Pleno, en sesión do 14 de decembro de 2017, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal número 4: cambio de uso parcelas equipamento da urbanización Mesón da Auga, en Nos (documento nº 23869 do 30.11.2017).

De conformidade cos artigos 60.6, 7 e 8 da Lei 2/2016, o expediente estará exposto ao público na Área de Urbanismo do Concello de Oleiros, das 8.30 ás 14.00 horas, polo prazo de dous meses, para os efectos de presentación das alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 27 de decembro de 2017

Ángel García Seoane
Alcalde-presidente