Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 17 de xaneiro de 2018 Páx. 3779

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 21 de decembro de 2017, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunica aos posibles titulares de dereitos e intereses os acordos adoptados por este xurado, relativos a deslindamentos entre montes veciñais en man común (expediente 43/75 e doce máis).

Na sesión celebrada polo xurado o día 13 de decembro de 2017 figuran os seguintes acordos:

Monte Chao da Canda e Pena Maceda-Lomba e Chao da Seara (expediente 43/75), pertencente aos veciños do lugar de Vilavexe da parroquia de Santo André, Monte Redondo, Fonte do Marco e Pena Forcada (expediente 44/75), pertencente aos veciños do lugar de Lama de Vila da parroquia de Santo André e Monte Redondo e Serra da Escrita (expediente 99/75), pertencente aos veciños dos lugares de Castiñeiras, Fonte do Cando e Santo André e Vilar da parroquia de Santo André, todos no termo municipal das Nogais, e clasificados como veciñais en man común por resolucións do xurado provincial con data do 19 de xaneiro de 1976. Con data do 7 de agosto de 2017, ten rexistro de entrada escrito de José Luis Alba García, Eliseo Regueiro García e Óscar Santín Souto, como presidentes das comunidades respectivas, achegando un acordo de deslindamento practicado por avinza entre estas comunidades, en canto ás liñas divisorias que separan os tres montes, aprobado mediante acto conciliatorio que tivo lugar o 28 de abril de 2017 perante o Xulgado de Paz das Nogais; xuntan acta do deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación levantada no xulgado e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Dado traslado do devandito deslindamento ao Servizo de Montes, o 23 de outubro de 2017 emite un informe no que se especifican as modificacións de superficie que se producen como consecuencia da avinza (nº 56/17). O monte Chao da Canda e Pena Maceda-Lomba e Chao da Seara queda cunha superficie de 222 hectáreas, e o monte Monte Redondo, Fonte do Marco e Pena Forcada cunha superficie de 126 hectáreas, como consecuencia da avinza entre Vilavexe e Lama da Vila, mentres que de acordo coa liña acordada entre Lama da Vila e Castiñeiras, Fonte do Cando e Santo André e Vilar, non é posible determinar a nova configuración xeométrica dos esbozos, xa que a liña definida non intersecta nos esbozos actuais, quedando os tres puntos interiores no actual esbozo de Castiñeiras, Fonte do Cando e Santo André e Vilar, polo que sería preciso unha definición perimetral dos esbozos, co resto de propietarios lindantes para reflectir a avinza e poder determinar as superficies resultantes. O monte Monte Redondo e Serra da Escrita ten cunha superficie de 373 hectáreas facendo unha medición máis precisa mediante técnicas dixitais tomando en consideración o esbozo inicial de clasificación. Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado por avinza, e proceder ás oportunas modificacións nos expedientes respectivos.

Monte de Vilarnovo (expediente 9/81), pertencente aos veciños do lugar de Vilarnovo da parroquia de Vilaquinte e monte de Chaovilarín (expediente 8/81), pertencente aos veciños do lugar de Chaovilarín da parroquia de Vilaquinte ambos no termo municipal de Cervantes, e clasificados como veciñais en man común por resolucións do xurado provincial con data do 18 de abril de 1983. Con data do 7 de agosto de 2017, ten rexistro de entrada escrito de Isaac González López, como presidente da comunidade de Vilarnovo, achegando un acordo de deslindamento practicado por avinza entre estas comunidades, en canto ás liñas divisorias que separan os dous montes, aprobado mediante acto conciliatorio que tivo lugar o 13 de xaneiro de 2016 perante o Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Becerreá; xuntan acta do deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación levantada no xulgado e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Dado traslado do devandito deslindamento ao Servizo de Montes, o 2 de outubro de 2017 emite un informe no que se especifican as modificacións de superficie que se producen como consecuencia da avinza (nº 47/17). O monte de Vilarnovo queda cunha superficie de 128 hectáreas e o monte de Chaovilarín cunha superficie de 272 hectáreas. Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado por avinza, e proceder ás oportunas modificacións nos expedientes respectivos.

Monte de Recelle (expediente 31/77), pertencente aos veciños da parroquia de Recelle no termo municipal de Portomarín e clasificado como veciñal en man común por resolución do Xurado Provincial con data do 31 de marzo de 1978 e monte de Caborrecelle (expediente 15/75), pertencente aos veciños da parroquia de Caborrecelle no termo municipal de Portomarín, e clasificado como veciñal en man común por resolución do xurado provincial con data do 31 de xullo de 1975. Con data do 4 de maio de 2017, ten rexistro de entrada escrito de José Manuel López González, como presidente da comunidade de Recelle, no que achega un acordo de deslindamento practicado por avinza entre estas comunidades, en canto ás liñas divisorias que separan os dous montes, aprobado mediante acto conciliatorio que tivo lugar o 28 de abril de 2017 perante o Xulgado de Paz de Portomarín; xuntan acta do deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación levantada no xulgado e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Dado traslado do devandito deslindamento ao Servizo de Montes, o 28 de agosto de 2017 emite un informe no que se especifican as modificacións de superficie que se producen como consecuencia da avinza (nº 33/17). O monte de Recelle queda cunha superficie de 27,26 hectáreas, e o monte de Caborrecelle cunha superficie de 333,31 hectáreas. Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado por avinza, e proceder ás oportunas modificacións nos expedientes respectivos.

Monte de Anafreita (expediente 44/73), pertencente aos veciños da parroquia de Anafreita no termo municipal de Friol e clasificado como veciñal en man común por resolución do xurado provincial con data do 28 de decembro de 1974 e monte de Anxeriz (expediente 41/75), pertencente aos veciños da parroquia de Anxeriz no termo municipal de Friol, e clasificado como veciñal en man común por resolución do xurado provincial con data do 25 de agosto de 1975. Con data do 29 de maio de 2017, ten rexistro de entrada escrito de Jesús Prado Sánchez, como presidente da comunidade de Anafreita, achegando un acordo de deslindamento practicado por avinza entre estas comunidades, en canto ás liñas divisorias que separan os dous montes, aprobado mediante acto conciliatorio que tivo lugar o 26 de xuño de 2014 perante o Xulgado de Paz de Friol; xuntan acta do deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación levantada no xulgado e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Dado traslado do devandito deslindamento ao Servizo de Montes, o 28 de setembro de 2017 emite un informe no que se especifican as modificacións de superficie que se producen como consecuencia da avinza (nº 37/17). O monte de Anafreita queda cunha superficie de 369 hectáreas, e o monte de Anxeriz cunha superficie de 434 hectáreas. Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado por avinza, e proceder ás oportunas modificacións nos expedientes respectivos.

Monte Caxigal (expediente 19/78), pertencente aos veciños da parroquia de Agustín no termo municipal de Castroverde e clasificado como veciñal en man común por resolución do xurado provincial con data do 19 de outubro de 1979 e monte Caxigal de San Martiño (expediente 15/78), pertencente aos veciños dos lugares de Coedo, Seoane, Vilacorbe e Coto, da parroquia de Folgosa no termo municipal do Corgo, e clasificado como veciñal en man común por resolución do xurado provincial con data 30 de outubro de 1978. Con data do 11 de xullo de 2017, ten rexistro de entrada escrito de Manuel García González, como presidente da comunidade de Agustín, achegando un acordo de deslindamento practicado por avinza entre estas comunidades, en canto ás liñas divisorias que separan os dous montes, aprobado mediante acto conciliatorio que tivo lugar o 17 de novembro de 2016, perante o Xulgado de Paz do Corgo; xuntan acta do deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación levantada no xulgado e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Dado traslado do devandito deslindamento ao Servizo de Montes, o 10 de novembro de 2017 emite un informe no que se especifican as modificacións de superficie que se producen como consecuencia da avinza (nº 53/17). O monte Caxigal queda cunha superficie de 41 hectáreas, e o monte Caxigal de San Martiño cunha superficie de 130 hectáreas. Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado por avinza, e proceder ás oportunas modificacións nos expedientes respectivos.

Monte Pico, Seixo Redondo e Cruces (expediente 1/76) pertencente aos veciños dos lugares de Alence, Cruces e Pando da parroquia de Alence no termo municipal das Nogais e clasificado como veciñal en man común por resolución do xurado provincial con data 29 de abril de 1977 e monte Pena Cimeira (expediente 88/75), pertencente aos veciños do lugar de Cabanas, da parroquia de Nullán no termo municipal das Nogais, e clasificado como veciñal en man común por resolución do xurado provincial con data 19 de xaneiro de 1976. Con data do 20 de setembro de 2017, ten rexistro de entrada escrito de Jesús Rubio Fontal, como presidente da comunidade de Alence, Cruces e Pando, achegando un acordo de deslindamento practicado por avinza entre estas comunidades, en canto ás liñas divisorias que separan os dous montes, aprobado mediante acto conciliatorio que tivo lugar o 21 de xullo de 2017, perante o Xulgado de Paz das Nogais; xuntan acta do deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación levantada no xulgado e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Dado traslado do devandito deslindamento ao Servizo de Montes, o 21 de novembro de 2017 emite un informe no que se especifican as modificacións de superficie que se producen como consecuencia da avinza (nº 65/17). O monte Pico, Seixo Redondo e Cruces queda cunha superficie de 244 hectáreas, e o monte Pena Cimeira cunha superficie de 38 hectáreas. Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado por avinza, e proceder ás oportunas modificacións nos expedientes respectivos.

Ao descoñecerse o nome e enderezo dos posibles titulares de dereitos e intereses sobre os referidos montes, por medio do presente anuncio, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, comunícanse os devanditos acordos.

Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Lugo, 21 de decembro de 2017

María Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación de Montes
Veciñais en Man Común de Lugo