Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 17 de xaneiro de 2018 Páx. 3735

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (RSE 273/2016).

RSE Salarios tramitación cargo Estado 273/2016

Demandante: Pablo Antonio Céspedes García

Demandados: Secretaría de Estado de Xustiza, Delegación do Goberno

Avogados: avogado do Estado, avogado do Estado

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de salarios de tramitación con cargo ao Estado 273/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Pablo Antonio Céspedes García, se ditou a seguinte resolución:

Sentenza 579/2017

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2017

Visto por min, María Sánchez Galindo, xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 dos de Santiago de Compostela, o estado procesual que manteñen as presentes actuacións, rexistradas ante este órgano xudicial como RSE (reclamación de salarios a cargo do Estado) baixo o número 273/2016, nas cales é parte demandante Pablo Antonio Céspedes García, que comparece actuando no seu propio nome e representación, e son partes codemandadas a Delegación do Goberno en Galicia e a Secretaría de Estado de Xustiza, asistidas ambas as dúas e a unha soa voz polo letrado do Estado Sr. Suárez García, a mercantil Grialibros, S.L., que non comparece ao acto de xuízo a pesar de constar citada en legal forma e tempo en unidade de autos para iso, Grace Antonia Nouel Brache, que non comparece ao acto de xuízo a pesar de constar citada en legal forma e tempo en unidade de autos para iso, e o administrador concursal de Germán Perel Rubín, que tampouco comparece ao acto de xuízo a pesar de constar citado en legal forma e tempo en unidade de autos para iso, en nome do Rei, dito a presente con base nos seguintes

Decisión

Que debo estimar parcialmente e estimo parcialmente a demanda presentada por Pablo Antonio Céspedes García fronte á Delegación do Goberno en Galicia e á Secretaría de Estado de Xustiza, asistidas polo letrado do Estado Sr. Suárez García, fronte á mercantil Grialibros, S.L., fronte a Grace Antonia Nouel Brache e fronte á administración concursal de Grialibros, S.L. e, en consecuencia, debo confirmar a resolución administrativa ditada en data 2 de decembro de 2014, e condeno as demandadas Delegación do Goberno en Galicia e a Secretaría de Estado de xustiza ao pagamento a favor do traballador da cantidade recoñecida na dita resolución administrativa polo total de 2.132,21 euros, en concepto de salarios de tramitación devindicados a favor do traballador ex actual artigo 56.5 do Estatuto do traballador máis os xuros legais que procedan, e absolvo o resto de codemandados, a empresa Grialibros, S.L., Grace Antonia Nouche Brache e a administración concursal de Grialibros, S.L. de todos os pronunciamentos aducidos na súa contra no escrito de demanda reitor.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes interesadas, coa advertencia de que esta non é firme e contra ela cabe interpor recurso de suplicación, que se deberá interpor no prazo de cinco días legalmente previsto, logo de consignación do depósito fixado para tales efectos e, en todo, conforme o disposto no artigo 190, seguintes e concordantes da nosa Lei reguladora da xurisdición social.

Así o pronuncio, mando e asino por esta a miña sentenza, da cal se unirá testemuño literal aos autos orixinais, María Sánchez Galindo, xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

A xuíza substituta

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Grialibros, S.L. e a Grace A. Nouel Brache, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 7 de decembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza